José Besada Domínguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1882 O Grove, España |
Morte | 7 de xaneiro de 1971 (88/89 anos) O Grove, España |
Alcalde do Grove | |
21 de febreiro de 1936 – 22 de febreiro de 1936 ← Joaquín Álvarez Lores | |
Alcalde do Grove | |
1931 – 1934 ← Francisco Otero Goday – Joaquín Álvarez Lores ⊟ | |
Actividade | |
Ocupación | político |
José Besada Domínguez, nado no Grove en 1882 e finado no mesmo concello o 7 de xaneiro de 1971,[1] foi un empresario, agrarista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Organista da parroquia, aos sete anos formaba parte da agrupación musical do Grove da que chegou a ser director aos catorce. En 1900 emigrou a Buenos Aires. Integrado na comunidade galega creou a Banda de Música de Avellaneda e foi director do seu orfeón. En 1905 retornou ao Grove, abriu unha carpintería e un ultramarinos, e tamén a Panadería Besada. En 1914 abriu unha sala de espectáculos que denominou "Manuel Quiroga". Organizou novamente a banda de música da que foi outra vez director,[2] e compuxo algunhas pezas musicais, "Vida Galega" é a máis coñecida.[3] Agrarista, compuxo en 1914 un himno para a Unión Agraria do Grove. En 1921 abriu unha sala cinematográfica, o Teatro-Cine Besada, e amenizaba musicalmente as películas mudas tocando el mesmo o piano.
Na Segunda República foi elixido alcalde do Grove nas eleccións de maio de 1931.[4] Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi cesado como alcalde. Logo da vitoria da Frente Popular foi reposto no cargo o 21 de febreiro de 1936, pero ao día seguinte presentou a dimisión, alegando as moitas dificultades para exercer o cargo.[5] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido e foi represaliado.[6]
Predecesor: Francisco Otero Goday |
Alcalde do Grove 1931 - 1934 |
Sucesor: Joaquín Álvarez Lores |
Predecesor: Joaquín Álvarez Lores |
Alcalde do Grove 1936 |
Sucesor: Baldomero Sanmartín González |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Dolores Álvarez Gondar e foi pai de Peregrina, José, Dolores, Miguel e Fernando Besada Álvarez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-1-1971, p. 4.
- ↑ "Revista Sustansia". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2013.
- ↑ "Revista Sustansia". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2013.
- ↑ Una fotografía para la memoria y con mucha historia
- ↑ El Pueblo Gallego, 26-2-1936, p. 10.
- ↑ "Falleció D. José Besada Domínguez", El Pueblo Gallego, 10-1-1971, p. 15.