Saltar ao contido

José Bartrina Villanueva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Bartrina Villanueva
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor en Wikidata
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de decembro de 1956 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Burgos, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesJosé Moreno Borso Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, político, membro da resistencia Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Valencia Editar o valor en Wikidata

José Bartrina Villanueva, nado en Valencia en 1906 e finado en Burgos o 23 de decembro de 1956, foi un médico e político comunista español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Jesús Bartrina Capella, catedrático de Anatomía da Facultade de Medicina de Valencia. Fixo a carreira de Medicina e especializouse en Uroloxía. Foi axudante de clases prácticas da Facultade de Medicina dende 1935. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse como médico ao tren-hospital con base en Sarrión e despois en diversos postos da fronte de Teruel. Militante do Partido Comunista de España, logo da derrota da República foi detido coa súa muller no porto de Alacant. Trasladados ao campo dos Almendros (Alacant), foron separados. José foi internado no Campo de Albaterra, do que o conseguiu sacar a súa muller. Pasaron algún tempo en Benissa ata que foi detido pola Garda Civil. Saíu grazas ao alcalde, pero volvérono coller e trasladárono ao cárcere Modelo de Valencia. Saíu novamente coa axuda da familia e comezou a traballar para o PCE coa súa muller. Ao ser desmantelado o comité valenciano, en marzo de 1944, fuxiron a Madrid. En setembro de 1947 foi enviado polo PCE a Galicia. Na clandestinidade utilizou o nome de José Moreno Borso. Foi detido en 1948 encartado na causa 370/48 xunto con José Gómez Gayoso, Antonio Seoane Sánchez, Juan José Romero Ramos, Carmen Orozco Muñoz e outros.[1] Xulgado en consello de guerra na Coruña, foi condenado a pena de morte, pero a sentenza foi conmutada pola de cadea perpetua.[2] Ingresou na prisión de Burgos, onde morreu en 1956.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Presentación Campos Pérez.[3]

  1. La Voz de Galicia, 19-10-1948, p. 2.
  2. "Sentencia cumplida", La Voz de Galicia, 7-11-1948, p. 2.
  3. Presentación Campos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Mancebo, Mª Fernanda (1988). La Universidad de Valencia en guerra. La FUE (1936-1939). Valencia: Ajuntament, Universitat. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]