Jonathan Pereira
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1987 (37 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 167 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2006 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 15 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Jonathan Pereira Rodríguez, nado o 12 de maio de 1987 en Vigo, é un ex futbolista galego. Xogaba como dianteiro e disputou máis de 300 partidos entre a Primeira e a Segunda división.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empezou na canteira do Celta de Vigo, xogando 2 anos cos alevíns. Logo estivo 4 anos no Unión Deportiva Santa Mariña de Cabral (Vigo), e ós 15 anos marchou ó Villareal para xogar nas categorías inferiores.
Debutou na primeira división o 21 de outubro de 2006 contra o Levante, e 17 segundos despois marcou o seu primeiro gol, converténdose no debutante que menos tempo tardou en meter un gol.[1] En xullo de 2007 o Villarreal cedeuno ó Racing de Ferrol da segunda división, equipo co que descendeu á segunda B.
No verán de 2008 foi seguido por varios equipos, como o Racing de Santander, o Málaga ou o Recreativo de Huelva, aínda que todos pretendían a súa cesión, xa que tiña contrato co Villarreal ata o 2013. Finalmente foi cedido ó Racing de Santander por unha tempada.[2]
Jonathan pasou á historia racinguista por ser o primeiro xogador do club en marcar un gol na Copa da UEFA. O partido foi o 18 de setembro de 2008 no Sardinero fronte ao FC Honka Espoo, gañando o conxunto cántabro por 1-0. Tamén marcou no último partido que disputou o equipo cántabro na competición europea fronte ao Manchester City no Sardinero o 18 de decembro de 2008. Anotou ademais o gol máis rápido na historia do Racing, aos 24 segundos no partido fronte ao Deportivo da Coruña en Riazor, o 8 de marzo de 2009.
Ao rematar a súa cesión volveu ao Villareal, e en xaneiro de 2010 foi fichado polo Real Betis Balompié por 3,4 millóns de euros.[3]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección de fútbol de Galicia en dúas ocasións. Foi internacional coas seccións inferiores da selección española de fútbol, coas que conseguiu o subcampionato de Europa Sub-17.[4][5].
Palmarés
[editar | editar a fonte]Copas internacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Subcampión Eurocopa Sub-17 | España Sub-17 | Francia | 2004 |
Récords
[editar | editar a fonte]O 4 de agosto de 2011, disputou un amigábel de pretemporada co Real Betis contra o Neath galés marcando 7 goles.[6] Isto colocouno no quinto posto do ránking mundial de máis goles conseguidos nun só partido por un xogador, tan só por debaixo de Pelé (8 goles), Voskamp (8), Nielsen (10) e Thompson (13).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jonathan Pereira,un récord de 17 segundos" (en castelán). 2 de agosto de 2019. Consultado o 26 de maio de 2021.
- ↑ "Jonathan Pereira marcha cedido ó Racing de Santander". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2008. Consultado o 13 de setembro de 2008.
- ↑ "Pereira é novo xogador do Betis". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 29 de outubro de 2010.
- ↑ "Campionato de Europa Sub-17: España caeu ante Francia na Final". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2009. Consultado o 13 de setembro de 2008.
- ↑ Jonathan Pereira, convocado pola selección sub-21
- ↑ "Neath 0-8 Real Betis - Pereira, feliz tras marcar siete goles". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2014. Consultado o 10 de setembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en Vigo
- Nados en 1987
- Futbolistas de Vigo
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Villarreal CF B
- Xogadores do Villarreal CF
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Xogadores do Racing de Santander
- Xogadores do Real Betis Balompié
- Xogadores do Rayo Vallecano
- Xogadores do Real Valladolid
- Xogadores do CD Lugo
- Xogadores do Real Oviedo
- Xogadores da AD Alcorcón
- Xogadores do Gimnàstic de Tarragona
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21