John R. Martin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xaneiro de 1931 Pittsburgh, Estados Unidos de América |
Morte | 30 de setembro de 1984 (53 anos) Johnstown, Estados Unidos de América (pt) |
Relixión | Cristianismo ortodoxo e catolicismo |
Educación | Universidade Stanford |
John R. Martin, nado o 5 de xaneiro de 1931[1] en Pittsburgh (Pensilvania) e finado en 1984, foi un bispo ortodoxo dos Estados Unidos. Foi o segundo bispo da diocese ortodoxa rutena de América, baixo xurisdición da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]John R. Martin naceu o 5 de xaneiro de 1931 en Pittsburgh, Pensilvania, fillo de John e Veronica Mihach Martin. Comezou a súa educación en Munhall, e posteriormente estudou nos seminarios St. Fidelis Seminary and College de Herman, e Ss. Cyril and Methodius Byzantine Catholic Seminary de Pittsburgh.[2] Obtivo tamén un grado en Arte pola Universidade Duquesne.[2] Logo de recibir tarefas pastorais en varias parroquias, estudou Filosofía na Universidade Stanford (California). O 29 de maio de 1955, John foi ordenado sacerdote[1] na metrópole católica rutena de Pittsburgh.
Logo de pasar á Igrexa Ortodoxa en 1966,[2] foi elixido bispo o 15 de agosto do mesmo ano,[1] e nomeado bispo coadxutor da diocese rutena de América, co título de bispo titular de Nyssa.[2] Foi consagrado bispo o 6 de outubro de 1966[1] na Catedral de Cristo Salvador de Johnstown, Pensilvania. O principal consagrante foi o arcebispo Iakovos Koukouzis da arquidiocese ortodoxa grega de América do Norte e do Sur.
Logo da morte do metropolita Orestes Chornock o 17 de febreiro de 1977, Martin foi nomeado bispo da diocese polo Santo Sínodo do Patriarcado Ecuménico.[2]
Durante o seu episcopado, Martin actualizou a estrutura administrativa da diocese. En 1978 mercou un grande terreo en Tuxedo Park (Nova York) no que contruiu un mosteiro diocesano, o Mosteiro da Anunciación.[3]
Logo de exercer como xerarca durante dezaoito anos, Martin finou repentinamente 30 de setembro de 1984, logo dunha celebración en honra dun crego e da súa dona. O seu funeral foi celebrado o 4 de outubro de 1984, na catedral de Cristo Salvador.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 American Carpatho-Russian Youth (1974). Annual and Church Almanac (en inglés) 26. p. 248.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 New York Times & Arno Press, ed. (1984). The New York Times Biographical Service (en inglés) 15. p. 1337.
- ↑ 3,0 3,1 Nicholas Smisko (1 de setembro de 2009). "Archpastoral Letter On The Twenty-Fifth Anniversary of the Repose of His Grace, Bishop John".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía na páxina web da diocese Arquivado 03 de abril de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)