Saltar ao contido

John Forbes Nash

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Forbes Nash

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1928 Editar o valor en Wikidata
Bluefield, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte23 de maio de 2015 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Monroe Township, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de coche Editar o valor en Wikidata
ResidenciaWest Windsor Township (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo cristán Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Princeton - doutor (1948–1950)
Carnegie Institute of Technology (en) Traducir - matemáticas (1945–1948)
Bluefield University (en) Traducir (1941–1945) Editar o valor en Wikidata
Tese académicaNon-Cooperative Games (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (1950 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseAlbert William Tucker (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoría dos xogos, Xeometría diferencial, matemáticas e economía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, economista, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton, senior researcher (en) Traducir (1995–)
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, C.L.E. Moore instructor (pt) Traducir (1952–1959) , Enfermidade mental
RAND Corporation (pt) Traducir (1950–1954) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
1956Workshop de Dartmouth (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoSeth Patinkin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeAlicia Nash (2001–2015)
Alicia Nash (1957–1963) Editar o valor en Wikidata
PaiJohn Forbes Nash, Sr. Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUma Mente Brilhante (pt) Traducir
Medvik >>>:Nash, John F. (John Forbes), 1928-, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1171285 BNE: XX1578783 WikiTree: Nash-3711 Find a Grave: 146906758 Editar o valor en Wikidata

John Forbes Nash, Jr., nado en Bluefields (Virxinia Occidental) o 13 de xuño de 1928 e finado en Monroe Township (Nova Jersey) o 23 de maio de 2015 foi un matemático estadounidense que realizou contribucións fundamentais na teoría de xogos, a xeometría diferencial e as ecuacións en derivadas parciais.[1][2]

En 1994 compartiu o Premio Nobel de Economía cos teóricos de xogos Reinhard Selten e John Harsanyi e en 2015 recibiu o premio Abel. A súa loita contra a esquizofrenia é a base da biografía escrita por Sylvia Nasar, A Beautiful Mind, e do filme homónimo protagonizado por Russell Crowe.[3][4][5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nash naceu en 1928, fillo de John Forbes Nash, enxeñeiro eléctrico, e Margaret Virginia Martin, mestra de escola antes de casar. Nash asistiu ao parvulario e a escolas públicas e aprendeu de libros que lle deixaban os seus pais e os seus avós. Tras estudar matemáticas avanzadas no último ano de instituto pasou ao Carnegie Institute of Technology, dedicándose inicialmente á enxeñaría química. Finalmente, por consello do seu profesor John Lighton Synge cambiou ás Matemáticas, entrando na Universidade de Princeton.

Conseguiu o doutoramento en filosofía en 1950 cunha disertación de 28 páxinas sobre os xogos non cooperativos.[6][7] A tese contén a definición e as propiedades do equilibrio de Nash, concepto fundamental dos xogos non cooperativos. Nash fixo tamén importantes contribucións noutros campos das Matemáticas.

En 2011 a Axencia Nacional da Seguridade desclasificou cartas escritas por Nash na década de 1950 nas que propoñía unha nova máquina de encriptamento e desencriptamento.[8] As cartas amosan que Nash anticipara moitos conceptos da criptografía moderna.[9]

En 1951 Nash foi contratado polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e un ano despois comezou unha relación coa enfermeira Eleanor Stier. Tiveron un fillo, John David Stier, pero Nash abandonou a Stier cando lle dixo que estaba embarazada.[10] Pouco despois coñeceu a Alicia López-Harrison de Lardé, salvadoreña nacionalizada estadounidense, graduada en Física polo MIT. Casaron en 1957. Cando estaba embarazada comezaron os primeiros síntomas da enfermidade de Nash.

A enfermidade mental de Nash comezou a manifestarse en forma de paranoia. En abril de 1959 foi ingresado no Hospital McLean, onde estivo ata o mes de maio. Alí diagnosticáronlle esquizofrenia paranoide. En 1961 ingresou no Hospital Estatal de Nova Jersey en Trenton e nos seguintes nove anos pasou tempadas en hospitais psiquiátricos, recibindo medicación antipsicótica e terapia de shock con insulina.[11][12]

Despois de 1970 non volveu ser ingresado e rexeitou toda a medicación.

En 1978 recibiu o John von Neumann Theory Prize polo seu descubrimento dos equilibrios non cooperativos e en 1999 gañou o Leroy P. Steele Prize. En 1994 recibiu o Premio Nobel de Economía xunto con John Harsanyi e Reinhard Selten, polo seu traballo na teoría de xogos durante a súa estadía en Princeton.

O 23 de maio de 2015, John e Alicia Nash morreron nun accidente de taxi cando volvían á casa trala visita a Noruega, onde Nash recibira o premio Abel. O condutor perdeu o control do vehículo e os dous pasaxeiros foron propulsados fóra do coche.[13][14][15][16][17]

  1. Goode, Erica (24 de maio de 2015). "John F. Nash Jr., Math Genius Defined by a 'Beautiful Mind,' Dies at 86". The New York Times. 
  2. "John F. Nash, Jr. and Louis Nirenberg share the Abel Prize". Abel Prize. 25 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2019. Consultado o 02 de xullo de 2015. 
  3. "Oscar race scrutinizes movies based on true stories". USA Today. 6 de marzo de 2002. Consultado o 22 de xaneiro de 2008. 
  4. "Academy Award Winners". USA Today. March 25, 2002. Consultado o 30 de agosto de 2008. 
  5. Yuhas, Daisy. "Throughout History, Defining Schizophrenia Has Remained A Challenge (Timeline)". Scientific American Mind. Consultado o 2 de marzo de 2013. 
  6. Nash, John F. (Maio de 1950). "Non-Cooperative Games" (PDF). PhD thesis. Princeton University. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2015. Consultado o 24 de maio de 2015. 
  7. Osborne, MJ (2004). An Introduction to Game Theory. Oxford, ENG: Oxford University Press. p. 23. ISBN 0195128958. 
  8. "2012 Press Release – National Cryptologic Museum Opens New Exhibit on Dr. John Nash". National Security Agency. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2012. Consultado o 25 de febreiro de 2012. 
  9. "John Nash's Letter to the NSA ; Turing's Invisible Hand". Consultado o 25 de febreiro de 2012. 
  10. Goldstein, Scott (April 10, 2005) Eleanor Stier, 84; Brookline nurse had son with Nobel laureate mathematician John F. Nash Jr., Boston.com News.
  11. Ebert, Roger (2002). Roger Ebert's Movie Yearbook 2003. Andrews McMeel Publishing. ISBN 978-0-7407-2691-0. Consultado o 10 de xuño de 2008. 
  12. Beam, Alex (2001). Gracefully Insane: The Rise and Fall of America's Premier Mental Hospital. PublicAffairs. ISBN 978-1-58648-161-2. Consultado o 10 de xullo de 2008. 
  13. Ma, Myles (23 de maio de 2015). "Famed 'A Beautiful Mind' mathematician John Nash, wife killed in taxi crash, police say". NJ.com. Consultado o 23 de maio de 2015. 
  14. "'A Beautiful Mind' mathematician John Nash, wife killed in crash". USA News. Consultado o 24 de maio de 2015. 
  15. "'Beautiful Mind' mathematician John Nash killed in crash". BBC News. Consultado o 24 de maio de 2015. 
  16. "Princeton mathematician John Nash and his wife, Alicia, are killed in a car accident". QUARTZ. Consultado o 24 de maio de 2015. 
  17. "John Nash, mathematician who inspired 'A Beautiful Mind', killed in car crash". Reuters.com. Thomson Reuters. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 24 de maio de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Acocella, Nicola e Di Bartolomeo, Giovanni (2006), ‘Tinbergen and Theil meet Nash: controllability in policy games’, en: ‘Economics Letters’, 90(2): 213–218.
  • Acocella, Nicola e Di Bartolomeo, G. e Piacquadio, P.G. [2009], ‘Conflict of interest, (implicit) coalitions and Nash policy games’, en: ‘Economics Letters’, 105: 303–305.
  • Nasar, Sylvia (1998). A Beautiful Mind. Simon and Schuster. ISBN 9781439126493. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]