Joaquín Caruncho
Nome orixinal | Joaquín Caruncho Astray |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de outubro de 1894 (130 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Centrocampista e dianteiro |
Joaquín Caruncho Astray, nado na Coruña o 18 de outubro de 1894 e finado en Madrid o 6 de setembro de 1964, foi un futbolista e policía galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xogaba como dianteiro centro e interior e foi capitán do Real Club Coruña, no que militou durante varios anos, e co que disputou o Campionato de Galicia.[1][2][3] Posteriormente trasladouse a Madrid para continuar os seus estudos, e alí pasou polo Gimnástica Española e o Atlético de Madrid, antes de fichar en 1916 polo Real Madrid. Foi o primeiro futbolista en vestir tanto a camiseta do Atlético de Madrid como a do Real Madrid.[4]
Neste equipo coincidiu entre outros con Santiago Bernabéu, Manolo Posada, René Petit ou Eulogio Aranguren. Xogou tres anos no club branco e disputou a final da Copa do Rei de 1918 contra o Real Unión de Irún, que acabou gañando o equipo vasco con dous goles de Juan Legarreta.
A súa carreira futbolística rematou cando un dos seus xefes viu unha foto súa no xornal ABC e berrou con el.[2] Deixou entón o fútbol e dedicouse exclusivamente á súa profesión de policía, chegando a ser xefe superior da Policía en Biscaia.[5] Xa retirado viviu en Madrid, onde faleceu o 6 de setembro de 1964.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de febreiro de 1910. p. 2.
- ↑ 2,0 2,1 Ramos, Jesús (14 de outubro de 2016). "Joaquín Caruncho, una retirada prematura". Marca (en castelán). Consultado o 11 de maio de 2021.
- ↑ "Notas de Sport". Noticiero de Vigo (en castelán). 1 de decembro de 1914. p. 3. Consultado o 11 de maio de 2021.
- ↑ "Courtois, séptimo portero en jugar en Madrid y Atlético" (en castelán). 8 de agosto de 2018. Consultado o 11 de maio de 2021.
- ↑ "Don Joaquin Caruncho, condecorado en Bilbao". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de febreiro de 1951. p. 1.
- ↑ "Don Joaquín Caruncho falleció en Madrid". La Noche (en castelán) (13345). 7 de setembro de 1964. p. 9. Consultado o 12 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).