Saltar ao contido

Joachim Chreptowicz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoachim Chreptowicz

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pl) Joachim Ignacy Litawor Chreptowicz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1729 Editar o valor en Wikidata
Jasianiec, Belarús (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte4 de marzo de 1812 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Varsovia, Polonia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaVarsovia Editar o valor en Wikidata
Grão-Chanceler da Lituânia (pt) Traducir
14 de xuño de 1793 – 1795 (transferência da soberania (pt) Traducir)
← Aleksander Michał SapiehaSupresión do cargo ⊟
22º Deputy Chancellor of the Grand Duchy of Lithuania‎ (en) Traducir
27 de abril de 1773 – 14 de xuño de 1793 (promotion (en) Traducir)
← Antoni Tadeusz Przezdziecki (en) TraducirKazimierz Konstanty Plater ⊟
13º Q27048253 Traducir
13 de abril de 1767 – 4 de febreiro de 1775 (dimisión)
← Jerzy AbramowiczEustachy Chrapowicki (en) Traducir ⊟
Grand Secretary of Lithuania (en) Traducir
24 de decembro de 1764 – 27 de abril de 1773 (promotion (en) Traducir)
← sen valor – Andrzej Ignacy Ogiński (en) Traducir ⊟
Deputy to the Sejm of the Polish–Lithuanian Commonwealth (en) Traducir

Lexislatura: Convocation Sejm (en) Traducir, Q4413140 Traducir, Q69119882 Traducir, Q69121334 Traducir
Polish elector (en) Traducir
Q27048068 Traducir
Marshal of the Court of the Grand Duchy of Lithuania (en) Traducir
Q106203864 Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vilnius Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo de opinión, Escrita creativa e profesional, actividade tradutora, política e función pública Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Gran Ducado de Lituania Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, funcionario, político, tradutor, diplomático, xornalista de opinión, oficial Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarCoronel Editar o valor en Wikidata
Participou en
setembro de 17641764 Polish–Lithuanian royal election (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaHouse of Chreptowicz (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeKonstancja Przeździecka (1766–) Editar o valor en Wikidata
FillosEwa Chreptowicz, Adam Chreptowicz, Ireneusz Litawor-Chreptowicz Editar o valor en Wikidata
PaisMarcjan Chreptowicz Editar o valor en Wikidata  e Regina Wojna Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Polish Biographical Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Joachim Chreptowicz, nado o 4 de xaneiro de 1729 e finado o 4 de marzo de 1812, foi un nobre, político e escritor polaco-lituano[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu preto da cidade de Navahrudak, hoxe parte de Belarús. Estudou as primeiras letras na casa familiar de Szczorsy e máis tarde cos xesuítas na Academia de Vilnius e despois durante tres anos en Braniewo e outro ano máis en Nesvizh, logo serviu no escuadrón de húsares do príncipe Carlos. En 1752 foi nomeado stolnik, oficial de distrito, na súa cidade natal e foi elixido membro do Tribunal Lituano, con xurisdición sobre a nobreza, para o ano 1753[2] e ao ano seguinte entrou no Sejm. En 1764 apoiou a elección de Estanislau Augusto Poniatowski como monarca e na cerimonia de coroación actuou como secretario maior do Gran Ducado de Lituania e en 1765 presidiu o Tribunal Lituano, ano no que foi feito cabaleiro da Orde de Santo Estanislau. Tras a morte do seu pai en 1766, influído polas ideas ilustradas, reformou as súas propiedades dándolle un mellor acceso ás terras aos campesiños, construíndo escolas, contratando doutores e en xeral mellorando as condicións do campesiñado[3]. Entre 1769 e 1772 viaxou por Europa en misión diplomática, visitando Alemaña, Francia, Inglaterra, Países Baixos e Austria, mentres construía na súa propiedade de Szczorsy un palacio ao estilo francés, cunha enorme biblioteca, para a época, de máis de 10.000 volumes.

Palacio de Chreptowicz en Szczorsy cara ao ano 1878

En 1773 asumiu o posto de vicechanceler de Lituania e recibiu a Orde da Aguia Branca. Membro do Sejm da Partición (1773-1775) que tiña como misión ratificar a primeira partición de Polonia realizada por Rusia, Austria e Alemaña en 1772, e foi tamén membro da comisión encargada de liguidar os bens da Compañía de Xesús logo da supresión da orde e un dos fundadores da Comisión de Educación Nacional, considerado o primeiro ministerio de educación da historia[4]. Tras 1775 foi membro do Consello Permanente, equivalente a un consello de ministro, e presidente do departamento de asuntos exteriores. Durante a Guerra ruso-polaca de 1792 urxiu ao rei a se unir á Confederación de Targowica que se opuña á constitución do 3 de maio de 1791 negociando secretamente por orde do rei o cesamento de hostilidades[5] co embaixador ruso Yakov Bulgakov.

Joachim Chreptowicz, obra de Wincenty de Lesseur

En 1793 recibiu o cargo de chanceler de Liturania, entre 1793 e 1795 viaxou por Europa e en 1795 estableceuse en Varsovia, retirado da vida pública, dedicándose ao traballo literario e científico. Escribiu poemas en polaco, e algún en belaruso[6], partidario das teorías fisiócratas, escribiu artigos sobre agricultura e fundou a Asociación de Amigos da Ciencia.

  1. Co termo polaco-lituano faise referencia a un habitante da República das Dúas Nacións ou Mancomunidade Polaco-Lituana, sen ter en conta a orixe étnica
  2. Janusz Iwaszkiewicz (1937) Polski Słownik Biograficzny, t. III, Cracovia, p. 441.
  3. Спірыдонаў М. (2005) Вялікае княства Літоўскае: Энцыклапедыя, Vol. 2 Міnsк: Беларуская Энцыклапедыя, p. 719
  4. Ted Tapper e David Palfreyman (2005). Understanding Mass Higher Education: Comparative Perspectives On Access. Routledge p. 140
  5. Alex Storozynski (2011). Kościuszko Książe chłopów W.A.B. p. 231.
  6. Мальдзіс А. Беларусіка ў польскіх рукапісных зборах «Вяртанне» № 6, 1999. p. 158