Saltar ao contido

Jim Marurai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJim Marurai

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1947 Editar o valor en Wikidata
Illa de Mangaia, Illas Cook Editar o valor en Wikidata
Morte4 de novembro de 2020 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Illa de Mangaia, Illas Cook Editar o valor en Wikidata
Primeiro-ministro das Ilhas Cook (pt) Traducir
14 de decembro de 2004 – 29 de novembro de 2010
← Robert WoontonHenry Puna (pt) Traducir ⊟
Deputado do Parlamento das Illas Cook
1994 – 5 de xullo de 2017 – Anthony Toruariki Armstrong (pt) Traducir ⊟ Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Otago
Tereora College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata

Jim Marurai, nado o 9 de xullo de 1947 en Ivirua na illa de Mangaia e finado na mesma localidade en novembro de 2020,[1] foi un político das Illas Cook, primeiro ministro desde o 14 de decembro de 2004 ata o 30 de novembro de 2010.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Marurai licenciouse na Universidade de Otango en Dunedin (Nova Zelandia), foi elixido deputado por primeira vez en 1994 polo Partido da Alianza, posteriormente ingresou no Partido Democrático e foi ministro de educación e máis tarde primeiro ministro, pero en 2005 logo de desputas internas deixou o seu partido para formar o Partido Demo Tumu que gobernou en coalición co Partido das Illas Cook ata que se rompeu o acordo de goberno e formou unha nova coalición cos demócratas, volvendo ao seo deste partido antes das eleccións de 2006, permanecendo despois como primeiro ministro sen ter o liderado do partido. O 23 de decembro de 2009, substituíu o viceprimeiro ministro e líder do PD Terepai Maoate en favor de Robert Wigmore, provocando a dimisión dos ministros demócratas[2][3], e a expulsión de Marurai do partido[4].

En xaneiro de 2010, ante o anuncio dunha moción de censura apoiada por unha maioría dos deputados do Parlamento, Marurai anunciou que non ía convocar o parlamento por algúns meses, xa que non había necesidade da súa xuntanza ata a votación dos orzamentos, prevista para o 1 de xullo, os dous principais partidos, o Demócrata e o das Illas Cook decidiron acudir ao Representante da Raíña para que convocase ao parlamento, o que a constitución non prevé, xa que o Representante só pode actuar co refrendo do primeiro ministro.[5]

O Partido Demócrata readmitiu a Marurai nunha conferencia celebrada en xuño de 2010.[6], non obstante anunciou que non continuaría como primeiro ministro aínda se o seu partido gañase as eleccións de 2010.[7], o que aconteceu revalidando Marurai o seu escano por Ivirua.[8]

  1. "‘Gentleman Jim’ – a man for the people". Cook Island News. Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2020. Consultado o 6 de novembro de 2020. 
  2. "Cooks Deputy Prime Minister replaced, prompting a walkout". Radio New Zealand International. 2009-12-24. Consultado o 2009-12-24. 
  3. "Cabinet Ministers Resign in Support of Party Leader". Democratic Party - Cook Islands. 2009-12-23. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2011. Consultado o 2009-12-25. 
  4. "PM sacked by Demo Party". Cook Islands Herald. 2009-12-23. Consultado o 2009-12-27. 
  5. "Fearing ouster, Cooks PM won’t recall parliament for months". Radio New Zealand International. 2010-01-21. Consultado o 2010-01-21. 
  6. "New leadership for Cook Islands Democratic Party". Radio New Zealand International. 2010-06-03. Consultado o 2010-06-05. 
  7. "PM confirms his passing of the baton after the election". Cook Islands herald. 2010-06-10. Consultado o 2010-06-11. 
  8. "Preliminary results show Democrats ousted in Cook Islands election". Radio New Zealand International. 2010-11-18. Consultado o 2010-11-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]