Saltar ao contido

Jill Clayburgh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJill Clayburgh

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de abril de 1944 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte5 de novembro de 2010 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Lakeville, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteleucemia linfoide crônica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónSarah Lawrence College (en) Traducir
Instituto de Teatro e Cinema Lee Strasberg (pt) Traducir
HB Studio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de xénero, actriz de televisión, actriz de teatro, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeDavid Rabe (1979–2010) Editar o valor en Wikidata
FillosLily Rabe Editar o valor en Wikidata
IrmánsJim Clayburgh Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001049 Allocine: 3197 Rottentomatoes: celebrity/jill_clayburgh Allmovie: p13546 TCM: 35311 TV.com: people/jill-clayburgh IBDB: 35535
BNE: XX1276712 Musicbrainz: ccce476d-a6c9-4221-9a6f-acfd49b6c30d WikiTree: Clayburgh-6 Find a Grave: 61179847 Editar o valor en Wikidata

Jill Clayburgh, nada en Nova York o 30 de abril de 1944 e finada en Salisbury (Connecticut) o 5 de novembro de 2010 foi unha actriz estadounidense. Foi recoñecida como mellor actriz no Festival de Cannes de 1978 polo seu papel en An Unmarried Woman e foi candidata ao premio Óscar en dúas ocasións.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Clayburgh asistiu ás mellores escolas grazas á boa situación económica da súa familia. Nunha delas tomou a decisión de ser actriz e estudou no Charles Street Repertory Theater de Boston para trasladarse de novo a Nova York a finais da década de 1960, actuando en varias obras teatrais de Broadway.

En 1970 comezou a súa carreira cinematógrafica, e en 1972 conseguiu o seu primeiro papel importante. Uns anos máis tarde converteuse nunha actriz célebre grazas á súa interpretación en An Unmarried Woman, pola que logrou unha candidatura ao Oscar á mellor actriz. Conseguiu a segunda candidatura pola súa actuación en Starting Over, mais despois dun novo éxito en 1982 a súa carreira no cinema declinou.

A partir dese momento apareceu en filmes con orzamentos baixos, mais traballou intensamente e con éxito en telefilmes e miniseries. Tamén continuou a actuar asiduamente no teatro, medio en que sempre tivo un sólido recoñecemento do público e da crítica.

Faleceu aos 66 anos vítima da leucemia na súa casa de Connecticut.[1]

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Clayburgh foi parella sentimental de Al Pacino durante cinco anos. En 1979 casou co guionista e dramaturgo David Rabe, co que tivo dous fillos.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]