Jetstar Japan
Aparencia
Jetstar Japan | ||
---|---|---|
IATA GK | OACI JJP | Indicativo ORANGE LINER |
Fundación | 2011 | |
Inicio das operacións | 2012 | |
Plan de voo frecuente | JAL Mileage Bank, Qantas Frequent Flyer | |
Frota | 22 | |
Destinos | 14 | |
Páxina web: https://www.jetstar.com |
Jetstar Japan Co., Ltd. (xaponés: ジェットスター・ジャパン株式会社 Hepburn: Jettosutā Japan Kabushiki Kaisha) é unha aeroliña de baixo custo xaponesa baseada en Toquio. A compañía comezou a operar o 3 de xullo de 2012, meses antes do planeado inicialmente.[1] Jetstar Japan voa a 14 destinos, 11 domésticos e 3 internacionais, usando unha frota de 22 avións Airbus A320. Jetstar Japan compite contra Peach Aviation e Vanilla Air no mercado doméstico de baixo custo.[1] A aeroliña é propiedade de Qantas (33.3%), Japan Airlines (33.3%), Mitsubishi Corporation (16.7%), e Century Tokyo Leasing Corporation (16.7%).[2]
Frota
[editar | editar a fonte]En marzo de 2018 a frota de Jetstar Japan estaba formada polos seguintes avións:[3]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros |
---|---|---|---|
Airbus A320-200 | 22 | 0 | 180 |
Total | 22 | 0 | 180 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Centre for Aviation (ed.). "Jetstar Japan brings forward launch date to Jul-2012, names initial five domestic destinations". Consultado o 10 de maio de 2018.
- ↑ Jetstar (ed.). "Jetstar Japan announces new strategic partner". Archived from the original on 25 de marzo de 2012. Consultado o 10 de maio de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "Jetstar Japan Fleet Details and History". Consultado o 10 de maio de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da aeroliña Arquivado 15 de outubro de 2008 en Wayback Machine.