Jenny Saville
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1970 (54 anos) Cambridge, Reino Unido |
Educación | Slade School of Fine Art (pt) University of Cincinnati (en) Escola de Arte de Glasgow |
Actividade | |
Campo de traballo | Artes visuais e pintura |
Lugar de traballo | Palermo Londres Glasgow Cincinnati |
Ocupación | pintora, fotógrafa |
Membro de | |
Xénero artístico | Nudez na arte |
Movemento | Young British Artists (en) |
Representante | Artists Rights Society |
Descrito pola fonte | Grandes Mestras das Artes (pt) , (p.467) |
Jennifer Anne Saville, nada en Cambridge o 7 de maio de 1970,[1] é unha pintora británica, membro do grupo Young British Artists.[2] É coñecida principalmente polos seus monumentais cadros de nus femininos. En outubro de 2018 converteuse na muller artista viva que cotizou máis arta a súa obra nunha poxa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Saville estudou na Glasgow School of Art (1988-1992), e foille concedida unha bolsa de seis meses para a Universidade de Cincinnati,[3] acabando a súa formación na Slade School Of Fine Art (1992-1993). Ao finalizar os seus estudos, a súa obra interesou ao coleccionista Charles Saatchi, quen mercou a súa obra completa para os seguintes dous anos.
Saville desenvolveu a súa carreira dentro da tradicional técnica da pintura ao óleo, nun estilo figurativo herdeiro da nova figuración das décadas de 1950 e 1960, coa influencia de Rubens e Lucian Freud.[4] Desde o seu debut en 1992, a súa temática centrouse no corpo da muller,[5] en pinturas a grande escala, con figuras vistas desde perspectivas poco habituais, onde os corpos parecen montañas de carne que semellan encher todo o espazo, con predilección por amosar a zona xenital ou por imperfeccións e feridas da pel, con cores brillantes, intensas, dispostas por manchas, predominando os tons vermellos e castaños. En xeral son corpos obesos —adoito autorretrátase—, onde a carne forma pregamentos e engurras, cunhas formas monumentais que parecen a visión que un neno ten dun adulto. Inspirada por Courbet e Velázquez, pinta a muller real, actual, sen ningún tipo de idealización, sen buscar a beleza, só a veracidade, realizando, como ela mesma denomina, «paisaxes do corpo».[6]
En outubro de 2018 a casa de poxas Sotheby's vendeu Propped por 10,8 millones de euros, o prezo máis alta pagado nunha poxa por unha artista viva.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Grant, Catherine M. (2017). Jenny Saville. Grove Art Online (en inglés). ISBN 978-1-884446-05-4. doi:10.1093/gao/9781884446054.article.T096964. Consultado o 21 de outubro de 2022.
- ↑ Royal Academy of Arts: Jenny Saville RA | Artist | Royal Academy of Arts Arquivado 18 de decembro de 2014 en Wayback Machine., consultado o 29 de agosto de 2014
- ↑ Calvocoressi, Richard (2018). Jenny Saville. Nova York: Rizzoli International Publications. p. 19. ISBN 9780847862900.
- ↑ Cooke, Rachel (9 de xuño de 2012). "Jenny Saville: 'I want to be a painter of modern life, and modern bodies'". The Guardian (en inglés) (Londres).
- ↑ "Jenny Saville | artnet". www.artnet.com. Consultado o 2020-02-29.
- ↑ Mackenzie, Suzie. "Debajo de la piel". Consultado o 20 de agosto de 2011.
- ↑ Riaño, Peio H. (9 de outubro de 2018). "Jenny Saville, la verdadera víctima de la provocación de Banksy". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 9 de outubro de 2018.