Saltar ao contido

Jean Gabin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean Gabin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jean Gabin Alexis Moncorgé Editar o valor en Wikidata
17 de maio de 1904 Editar o valor en Wikidata
9.º arrondissement de Paris (Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte15 de novembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Neuilly-sur-Seine (Francia) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio
leucemia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMar de Iroise (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesJean Gabin Editar o valor en Wikidata
EducaciónLycée Janson-de-Sailly (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema, farm operator (en) Traducir, criador de cabalos, artista discográfico, cantante, guionista, cattle rearer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1928 Editar o valor en Wikidata - 1976 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCompagnie parisienne de distribution d'électricité (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarMarinha da França Livre (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoColumbia Records Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeChristiane Fournier (1949–)
Jeanne Mauchain (1933–1943), divorcio
Gaby Basset (1925–1930), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaMarlene Dietrich Editar o valor en Wikidata
FillosFlorence Moncorgé-Gabin
 () Christiane Fournier Editar o valor en Wikidata
PaisFerdinand Gabin Editar o valor en Wikidata  e Madeleine Petit Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
17 de novembro de 1976Funeral (Crematorio e columbario do Père-Lachaise) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Габен Жан)
Obálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 2, (p.632) Editar o valor en Wikidata
Páxina webmusee-gabin.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0300064 Allocine: 222 Rottentomatoes: celebrity/jean_gabin Allmovie: p25439
BNE: XX1166026 Souncloud: jeangabin iTunes: 17694746 Last fm: Jean Gabin Musicbrainz: 18ed52aa-e44b-40f8-bd54-92464c35e8e5 Discogs: 500235 WikiTree: Moncorgé-1 Find a Grave: 9004067 Genius: Jean-gabin Editar o valor en Wikidata

Jean-Alexis Moncorgé, nado en París o 17 de maio de 1904 e finado en Neuilly-sur-Seine (Altos do Sena) o 15 de novembro de 1976 foi un actor francés coñecido como Jean Gabin ([ʒɑ̃ gabɛ̃]).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gabin naceu en París, fillo de Madeleine Petit e Ferdinand Moncorgé, artista de café que empregaba como nome artístico Gabin.[1] Criouse en Mériel (Val do Oise) e abandonou o colexio axiña, traballando como peón ata os dezanove anos, cando entrou no mundo do espectáculo cun pequeno papel nunha produción de Folies Bergères.

Continuou a interpretar papeis ata que entrou no servizo militar. Cando o rematou, volveu traballar co nome de Jean Gabin en music halls e operetas de París imitando o estilo de Maurice Chevalier. Participou nunha xira por Suramérica e á volta conseguiu traballo no Moulin Rouge, facendo personaxes cada vez máis importantes e protagonizando en 1928 dous filmes mudos.

Dous anos despois pasou ao cinema sonoro coa produción Chacun sa Chance. Conseguiu sona coa súa interpretación en Maria Chapdelaine, dirixido en 1934 por Julien Duvivier. En 1937, de novo con Duvivier, protagonizou o éxito Pépé le Moko, que lle deu fama internacional. Participou tamén en filmes de Jean Renoir coma La Grande Illusion ou A besta humana.

Chamado por Hollywood, rexeitou as ofertas ata o inicio da segunda guerra mundial. Trala ocupación de Francia, uniuse a Renoir e Duvivier nos Estados Unidos. Divorciado da súa segunda esposa en 1939, durante a súa estadía en Hollywood Gabin iniciou un tórrido romance con Marlene Dietrich. Porén, os seus filmes estadounidenses non tiveron éxito. Cunha personalidade difícil, feriu a súa carreira en Hollywood mentres traballaba para a RKO Pictures: contratado nun filme, no último momento esixiu que Dietrich fixera o papel coprotagonista e o estudio rexeitouna. Cando Gabin insistiu foi despedido e abandonouse o proxecto.

Impertérrito, uniuse ás forzas militares do xeneral Charles de Gaulle e foi condecorado polo seu valor no norte de África. Tralo desembarco de Normandía Gabin formou parte do continxente militar que liberou París.

En 1946 foi contratado por Marcel Carné para Les Portes de la Nuit, pero o seu comportamento fixo que fose despedido de novo. Atopou entón un director e produtor francés disposto a contratalo a el e a Marlene Dietrich, pero o filme, Martin Roumagnac, foi un fracaso e acabou a súa relación persoal. En 1947 Gabin volveu o teatro, mais a produción tamén foi un fracaso.

A pesar de que a carreira parecía destinada ao esquecemento, volveu á primeira liña co Touchez pas au grisbi (1954), de Jacques Becker, que foi un éxito internacional. Nos seguinte vinte anos participou en máis de cincuenta filmes, moitos deles éxitos de crítica e público.

Faleceu de leucemia no Hospital Americano de París. Foi incinerado e as súas cinzas foron lanzadas ao mar dende un barco con honores militares.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Director Notas
1931 Paris-Beguin Bob Augusto Genina
1932 Les gaietés de l’escadron Fricot Maurice Tourneur
1933 Le tunnel Allan Mac Allan Curtis Bernhardt Versión francesa dun filme alemán
1934 Maria Chapdelaine François Paradis Julien Duvivier
1934 Zouzou Jean, un orfo Julien Duvivier
1935 La Bandera Pierre Gilleth Julien Duvivier
1936 Les Bas-fonds Wasska Pepel Jean Renoir
La belle équipe Jeannot Julien Duvivier
1937 Pépé le Moko Pépé Julien Duvivier
La Grande illusion Tenente Maréchal Jean Renoir
Gueule d'amour Lucien Bourrache Jean Grémillon
1938 Coral Reefs Trott Lennart Maurice Gleize
Le Quai des brumes Jean Marcel Carné
A besta humana Jacques Lantier Jean Renoir
1939 Le jour se lève François Marcel Carné
1941 Remorques Captain André Laurent Jean Grémillon
1942 Moontide Bobo Archie Mayo
1944 The Impostor Clement Julien Duvivier
1946 Martin Roumagnac Martin Roumagnac Georges Lacombe
1949 Au-delà des grilles Pierre Arrignon René Clément
1951 È più facile che un cammello... Carlo Bacchi Luigi Zampa
1952 La Vérité sur Bébé Donge François Donge Henri Decoin
Le Plaisir Joseph Rivet Max Ophüls
La Minute de vérité Pierre Richard Jean Delannoy
1954 Touchez pas au grisbi Max Jacques Becker
Razzia sur la chnouf Henri Ferré Henri Decoin
1955 Napoléon Jean Lannes Sacha Guitry Cameo
French Cancan Henri Danglard Jean Renoir
Gas-oil Jean Chape Gilles Grangier
1956 Des gens sans importance Jean Viard Henri Verneuil
Voici le temps des assassins André Chatelin Julien Duvivier
Le sang à la tête François Cardinaud Gilles Grangier
La Traversée de Paris Grandgil Claude Autant-Lara
Crime et Châtiment Comisario Gallet Georges Lampin
1957 Le rouge est mis Louis Bertain / Louis le Blond Gilles Grangier
1958 Maigret tend un piège Jules Maigret Jean Delannoy
Le désordre et la nuit Inspector Georges Vallois Gilles Grangier
Les Misérables Jean Valjean Jean-Paul Le Chanois
En cas de malheur André Gobillot Claude Autant-Lara
Les Grandes Familles Noël Schoudler Denys de La Patellière
1959 Archimède le clochard Archimède Gilles Grangier
Maigret et l'Affaire Saint-Fiacre Jules Maigret Jean Delannoy
Rue des prairies Henri Neveux Denys de La Patellière
1961 Le Président Émile Beaufort Henri Verneuil
Le cave se rebiffe Ferdinand Maréchal Gilles Grangier
1962 Le Gentleman d'Epsom Richard Briand-Charmery Gilles Grangier
Un singe en hiver Albert Quentin Henri Verneuil
1963 Mélodie en sous-sol Mister Charles Henri Verneuil
Maigret voit rouge Jules Maigret Gilles Grangier
1964 Monsieur René Duchêne / Georges Baudin Jean-Paul Le Chanois
1965 Le Tonnerre de Dieu Léandre Brassac Denys de La Patellière
1966 Du rififi à Paname Paul Berger Denys de La Patellière
1967 Le Soleil des voyous Denis Ferrand Jean Delannoy
1968 Le Pacha Comisario Louis Joss Georges Lautner
Le tatoué Comte Enguerand Denys de La Patellière
1969 Le Clan des Siciliens Vittorio Manalese Henri Verneuil
1970 La Horse Auguste Maroilleur Pierre Granier-Deferre
1971 Le Chat Julien Bouin Pierre Granier-Deferre
1972 Le Tueur Commissaire Le Guen Denys de La Patellière
1973 Deux hommes dans la ville Germain Cazeneuve José Giovanni
1974 Verdict Xuíz Leguen André Cayatte
1976 L'année sainte Max Lambert Jean Girault
  1. Books.google.ca, ed. (2 de xullo de 2010). Qui est qui en France - Jacques Lafitte, Stephen Taylor - Google Books. Consultado o 16 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]