Saltar ao contido

Jean-Baptiste Joseph Fourier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean-Baptiste Joseph Fourier

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1768 Editar o valor en Wikidata
Auxerre (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte16 de maio de 1830 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
París (Restauración Francesa) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 18 48°51′36″N 2°23′38″L / 48.8600498, 2.3940044
Grave of Fourier (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cadeira 5 da Academia Francesa (pt) Traducir
14 de decembro de 1826 – 16 de maio de 1830
← Pierre-Édouard Lémontey (pt) TraducirVictor Cousin (pt) Traducir ⊟
Prefect of Rhône (en) Traducir
1815 – 1815
Prefect of Isère (en) Traducir
1802 – 1815 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónÉcole normale (en) Traducir (1794–)
École Normale Supérieure Editar o valor en Wikidata
Director de teseJoseph-Louis Lagrange Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAnálise matemática, matemáticas, física, Estudos Africanos (pt) Traducir, ciencia histórica, arqueoloxía e física matemática Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEscola Politécnica (1795–)
École Normale Supérieure
Universidade de Grenoble Alpes (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresJoseph-Louis Lagrange Editar o valor en Wikidata
AlumnosPeter Gustav Lejeune Dirichlet Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoPeter Gustav Lejeune Dirichlet, Giovanni Plana (pt) Traducir e Claude Louis Marie Henri Navier (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Outro
TítuloBarón Editar o valor en Wikidata
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Фурье Жан Батист Жозеф)
Enciclopedia soviética armenia
Georgian Soviet Encyclopedia (en) Traducir, (vol:10, p.429) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Fourier-1 Find a Grave: 26657622 Editar o valor en Wikidata

Jean-Baptiste-Joseph Fourier, nado o 21 de marzo de 1768 en Auxerre, finado o 16 de maio de 1830 en París, foi un matemático e físico francés coñecido polos seus traballos sobre a descomposición de funcións periódicas en series trigonométricas converxentes chamadas Series de Fourier, método co cal conseguiu resolver a ecuación da calor. A transformada de Fourier recibe o nome na súa honra. Foi o primeiro en dar unha explicación científica ao efecto invernadoiro nun tratado. Dedicóuselle un asteroide que leva o seu nome, descuberto en 1992.

Estudou cos beneditinos na Escola Superior de Auxerre, pero abandonou o seu camiño monástico para centrarse no estudo das ciencias.

Participou na revolución francesa e, grazas á caída do poder de Robespierre, salvouse de ser guillotinado. Incorporouse á Escola Normal Superior de París, onde tivo entre os seus profesores a Joseph-Louis Lagrange e Pierre Simon Laplace. Posteriormente, ocupou unha cátedra na Escola Politécnica.

Fourier participou na expedición de Napoleón a Exipto en 1798. Nomeado secretario perpetuo do instituto de Exipto o 22 de agosto de 1798, presenta numerosas memorias e dirixe unha das comisións de exploración do Alto Exipto. Entre as distintas funcións políticas ou administrativas que levou a cabo, destaca a de comisario francés no Divan. Á morte do Xeneral en Xefe do Exército de Oriente Jean Baptiste Kléber a mans dun fanático sirio na súa residencia no Cairo, Jean-Baptiste Joseph Fourier, amigo e colaborador do Xeneral Kléber, é quen pronuncia o eloxio fúnebre, o 17 de xuño diante do Instituto de Exipto. Ao seu regreso a Francia en 1801, Napoleón noméao prefecto de Isère entre 1802 e 1815. Fourier presenta a Jean-François Champollion aos veteranos da expedición de Exipto.

Entrou na Academia de Ciencias Francesa en 1817 e ao cabo de cinco anos converteuse no secretario perpetuo das seccións de matemáticas e física.

Traballos

[editar | editar a fonte]
Busto de Fourier en Grenoble

Foi en Grenoble onde centrou os seus experimentos sobre a propagación da calor que lle permiten modelar a evolución da temperatura a través de series trigonométricas. Estes traballos melloraron a modelaxe matemática de fenómenos físicos e contribuíron aos fundamentos da termodinámica.

Mais a simplificación excesiva que propoñen estas ferramentas foi moi debatida, principalmente por Pierre Simon Laplace e Joseph-Louis Lagrange.

Redacta o prefacio histórico da obra Description de l'Egypte e publica en 1822 a súa famosa Théorie Analytique de la Chaleur (Teoría Analítica da Calor). Seguidor da teoría matemática da condución da calor. Estabeleceu a ecuación diferencial parcial que goberna a difusión da calor solucionándoo polo uso de series infinitas de funcións trigonométricas. Nisto introduce a representación dunha función como unha serie de senos e cosenos, agora coñecidas como as series de Fourier.

O traballo de Fourier prové o ímpeto para máis tarde traballar en series trigonométricas e a teoría das funcións de variables reais.

Outro traballo importante de J. Baptiste J. Fourier foi o método de eliminación para a solución dun sistema de desigualdades, teoría moi usada actualmente para programación linear.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]