Saltar ao contido

Javier Castroviejo Bolívar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJavier Castroviejo Bolívar
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1940 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Bueu, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbiólogo Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiXosé María Castroviejo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1113800 Dialnet: 32838


Javier Castroviejo Bolivar, máis coñecido por Javier Castroviejo, nado o 5 de outubro de 1940 en Bueu,[1][2] é un biólogo e investigador galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Fillo de Xosé María Castroviejo Blanco-Cicerón,[2] sendo neno trasladouse coa súa familia a Tirán (Moaña). Estudou o bacharelato en Vigo, o primeiro curso de Ciencias Biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela e o resto na Universidade Complutense de Madrid, onde se licenciou en 1965. Unha vez licenciado, marchou a Alemaña (onde estivo desde 1965 a 1968) para realizar a tese de doutoramento, que presentou na Universidade Complutense en 1972,[3] co título "Contribución al conocimiento de la taxonomía, ecología, biología del celo y mudas del urogalo (Tetrao urogallus L.) en España", cualificada coa máxima nota.[1]

Labor investigador e docente

[editar | editar a fonte]

Nese mesmo ano de 1972 obtivo por concurso-oposición unha praza de colaboración científica do CSIC para traballar na Estación Biolóxica de Doñana. Dous anos despois foi nomeado director en funcións e, en 1975, director efectivo de dito centro, que dirixiu até 1988.[1][3] Foi profesor de investigación do CSIC até 2001, e impartiu clases durante un curso na Universidade de Salamanca.[3]

O seu contacto en 1957 con Félix Rodríguez de la Fuente foi decisivo: compartiu con el numerosas experiencias, colaborou nas súas famosas Enciclopedias (Fauna e Fauna ibérica) e dedicouse ao estudo e defensa das especies protexidas.[3] Deste gran divulgador dixo:[2]

O seu labor non só cambiou a mentalidade dos españois, senón que se plasmou en realidades: en especies protexidas, en lexislación... Ademais hai algo que apenas se lle recoñece: a súa contribución a dignificar a profesión do biólogo de campo. A grande homenaxe a Rodríguez de la Fuente debería ser académico.

Castroviejo é autor de diversos traballos de investigación sobre o norte de España, moi importantes para coñecer a ecoloxía invernal dos vertebrados da cordilleira Cantábrica, o papel do acivro (Ilex aquifolium), a bioloxía da pita do monte (describiu a subespecie de pita do monte cantábrica) e da do lobo, con técnicas de radiomarcaxe usadas por primeira vez con esta especie en España. Promoveu e actualizou a publicación da revista científica Doñana Acta Vertebrata, e desenvolveu un importante labor no ámbito internacional, como a creación da Estación Biolóxica do Frío en Llanos de Venezuela, e en Bolivia. Así mesmo, levou a cabo expedicións zoolóxicas no antigo Sáhara Español (aprovitando as prácticas do servizo militar, que fixo divididas en dous anos como alférez en Las Palmas de Gran Canaria)[2] en Marrocos, Guinea Ecuatorial, Gabón e Latinoamérica.[3]

Foi un dos redactores da vixente Lei 91/1978 sobre o Parque Nacional de Doñana e o Real Ddecreto 357/1984, que modificaba o Plan Almonte-Marismas. Ademais de contribuír á detención do proxecto do Plan Almonte-Marismas e da estrada costeira, o seu labor foi fundamental para que a área protexida do Parque Nacional se incrementara en 13 000 ha e unhas 50 000 de preparque. Foi un dos fundadores, e presidente, da Asociación de Amigos de Doñana, vicepresidente e presidente do Comité MAB (Home e Biosfera) da UNESCO, e presidente do Consello Internacional de Coordinación do MAB da UNESCO (París). Así mesmo presidiu a IberoMAB (Red de Comités y Reservas de Biosfera de Iberoamérica y el Caribe).[3]

Dirixiu 7 teses de doutoramento na Universidade de Sevilla na Universidade Complutense de Madrid.[4]

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]

Artigos en revistas

[editar | editar a fonte]

Castroviejo publicou un cento de artigos en revistas científicas, entre os que se poden citar:[1][5]

  • "Primeros datos sobre la ecología invernal de los vertebrados de la Cordillera Cantábrica", Asturmnatura, 1 (1973).
  • "Dobre el lirón gris (Glis glis pyrenaicus Cabrera, 1908) en España", Doñana Acta Vertebrata, 1 (1974).
  • "Catálogo de reptiles y anfibios con clave para su clasificación" (1980).
  • "Conservación de zonas encharcables: Doñana y el Hato y el Frío, Llanos de Venezuela" (1982).
  • "La tragedia de los bienes comunes y el ejemplo de Doñana". Derecho y medio ambiente: Revista jurídica para el desarrollo sostenible, 2 (8): 71-80 (2001).
  • "Herpetofauna del Parque Nacional de Monte Alén (Río Muni, Guinea Ecuatorial)" (Con Ion de la Riva, A. I. Rial e C. A. Lasso) Graellsia: revista de zoología, 58 (2): 21-34 (2002).
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Castroviejo Bolívar, Javier" na Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 31, Apéndice 1980-1990, p. 133. Santiago/Gijón: Slverio Cañada, Editor. ISBN 84-7286-306-9.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Javier Castroviejo, el último gran biólogo y naturalista Arquivado 01 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.. Entrevista.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Javier Castroviejo Bolívar. Biografía Arquivado 19 de xuño de 2014 en Wayback Machine..
  4. Castroviejo Bolívar, Javier. Tesis. en Dialnet.
  5. Castroviejo, Javier. Artículos revista en Dialnet.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]