Saltar ao contido

Javier Azcona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJavier Azcona
Biografía
NacementoPamplona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally Editar o valor en Wikidata
Deporterally Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJaime Azcona Editar o valor en Wikidata

Javier Azcona Flamen, nado en Pamplona, é un ex piloto español de rallys.

Competiu durante anos no Campionato de España de Rallys, proclamándose campión en diferentes categorías e copas de promoción e sendo un dos pilotos con máis rallys disputados (149). Foi campión do Desafío Peugeot (1989), cinco veces campión da Copa Renault (1992-1995 e 2003), campión do grupo N (1995) e campión do Trofeo Citroën (1996 e 1997). Competiu tamén en Galicia, proclamándose campión de Galicia de rally na tempada 1994.

É irmán do tamén expiloto Jaime Azcona.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou nos rallys nos anos 80. En 1984 disputou o Rally Cidade de Pamplona e o Rally Vasco Navarro a bordo dun Seat Fura e coa italiana Inma Vittorini como copiloto. En 1986 comezou a competir cun Peugeot 205 GTI co que correu o seu primeiro Rally Cataluña así como varias probas do nacional.

En 1988 quedou terceiro no Desafío Peugeot e ao ano seguinte, con Miguel Aldaz de copiloto, proclamouse campión de dita competición e subcampión do grupo N, ademais de rematar en quinta posición na clasificación absoluta.[1][2] En 1990 foi piloto oficial de Peugeot e conseguiu o seu primeiro podio absoluto ao rematar en terceira posición no Rally Villa de Llanes, só por detrás de Chus Puras e Borja Moratal.

En 1991 comezou a correr o nacional cun Renault Clio 16v, co que tivo malos resultados ese ano. Disputou tamén catro probas da Copa de España, rematando na novena posición final.[3] En 1992 proclamouse vencedor da Copa Renault do nacional,[4] título que revalidou nos tres anos seguintes.[5][6][7] Durante eses anos disputou tamén o Campionato de Galicia de Rally e en 1994 con Juan Louro de copiloto, proclamouse vencedor ao final da tempada, na que logrou tamén a súa primeira vitoria absoluta nun rally, no 7º Rally de Narón.[8][9] En 1995 foi campión do grupo N do nacional.[7]

En 1996 disputou cun Citroën ZX 16v o nacional, onde se proclamou vencedor do Trofeo Citroën,[10] así como diversos rallys de campionatos autonómicos, logrando a vitoria no Rally Cidade de Pamplona. En 1997 revalidou o título do Trofeo Citroën[11] e ao ano seguinte obtivo cun Citroën Saxo Kit Car a súa mellor posición na clasificación absoluta do Campionato de España, ao rematar en terceira posición, só por detrás de Chus Puras e Luis Climent.[12] En 1999 e 2000 correu cun Peugeot 106 Maxi e en 2001 volveu ao Renault Clio, proclamándose en 2003 vencedor da Copa Renault por quinta vez.[13]

  1. "Resultados nacionais de 1988" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020. 
  2. "Resultados nacionais de 1989" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020. 
  3. "Resultados nacionais de 1991" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020. 
  4. "Resultados nacionais de 1992" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020. 
  5. "Resultados nacionais de 1993" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020. 
  6. "Resultados nacionais de 1994" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020. 
  7. 7,0 7,1 "Resultados nacionais de 1995" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020. 
  8. Arévalo, F. (20 de novembro de 1994). "El piloto navarro Jaime Azcona conquistó el Ciudad de la Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). p. 55. 
  9. "Javier Azcona y Juan Louro se adjudicaron el Rally de Narón". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de agosto de 1994. p. 55. 
  10. "Resultados nacionais de 1996" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020. 
  11. "Resultados nacionais de 1997" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020. 
  12. "Resultados nacionais de 1998" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020. 
  13. "Resultados nacionais de 2003" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020.