Saltar ao contido

Java Server Pages

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

JavaServer Pages, tamén coñecida polo acrónimo JSP, é unha tecnoloxía Java que permite xerar contido dinámico para un sitio web, en forma de documentos HTML, XML ou doutro tipo.

Características

[editar | editar a fonte]

Esta tecnoloxía foi desenvolvida pola compañía Sun Microsystems. A Especificación JSP 1.2 foi a primeira que se liberou[Cómpre referencia] e na actualidade (2020) está dispoñíbel a Especificación JSP 2.3[1].

As JSP's permiten a utilización de código Java mediante scripts. Ademais é posible utilizar algunhas accións JSP predefinidas mediante etiquetas. Estas etiquetas poden ser enriquecidas mediante a utilización de Librerías de Etiquetas (TagLibs ou Tag Libraries) externas e ata personalizadas.

  1. "JavaServer Pages 2.3". IBM®IBM Knowledge Center. Consultado o 09 de xuño de 2020.