Saltar ao contido

Jannick Buyla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJannick Buyla
Biografía
Nacemento(es) Jannick Buyla Sam Editar o valor en Wikidata
6 de outubro de 1998 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Zaragoza, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,79 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2019 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaGuinea Ecuatorial Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Saint-Privé
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Guinea Ecuatorial
Familia
IrmánsHugo Buyla Editar o valor en Wikidata

Instagram: jannickbuyla Editar o valor en Wikidata

Jannick Buyla Sam, nado en Zaragoza o 6 de outubro de 1998, é un futbolista hispano-ecuatoguineano que xoga de centrocampista na Tarazona, da Primeira División RFEF. É internacional absoluto coa selección de Guinea Ecuatorial.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse nas canteiras do Amistad e do Club Deportivo Oliver, antes de pasar polo equipo xuvenil do Real Zaragoza. Na tempada 2017/18 foi cedido ao Tudelano, co que debutou na Segunda División B. No mercado invernal volveu á disciplina zaragocista para se integrar no filial, o Deportivo Aragón, co que acabou descendendo á Terceira División.

Asentado na titularidade do filial, adestrador por Javier Garcés, na segunda parte da tempada 2018/19 foi convocado polo técnico do primeiro equipo, Víctor Fernández, que o fixo debutar en Segunda División nun encontro ante o Extremadura no Estadio Francisco de la Hera de Almendralejo, onde disputou os últimos cinco minutos de máis o desconto tras substituír a James Igbekeme nun partido que o Zaragoza gañou por 0-3.[1]

Continuou no filial unha campaña máis, ata que foi subido definitivamente ao primeiro equipo para a tempada 2020/21. Con todo, contou con poucos minutos e en xaneiro saíu cedido ao UCAM Murcia, de Segunda B.[2] Para a tempada seguinte foi cedido de novo, desta vez ao Gimnàstic de Tarragona, da Primeira División RFEF, onde disputou 24 partidos ás ordes de Raül Agné, 9 deles como titular.[3] Tras esta segunda cesión, rescindiu o seu contrato co Zaragoza e despois duns meses sen equipo, nos que estivo adestrando co Teruel,[4] fichou polo Badajoz en xaneiro de 2023.[5]

Na tempada 2023/24 militou na SD Logroñés, ata que foi despedido en xaneiro de 2024 pola súa presunta participación no amaño dun partido na época na que era xogador do Badajoz.[6] Ao mes seguinte foi detido pola policía, como sospeitoso de se poñer en contacto cos xogadores do Pontevedra Pablo Cacharrón e David Soto para tentar convencelos de amañar un partido.[7]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

En marzo de 2016, aínda en idade xuvenil, foi convocado por primeira vez pola selección sub-20 de Guinea Ecuatorial.[8]

O 9 de setembro de 2019 debutou coa selección absoluta do seu país en partido oficial, na primeira rolda de clasificación para o Mundial de 2022, ante Sudán do Sur, que rematou con vitoria ecuatoguineana.[9]

  1. "Jannick Buyla: "He cumplido el sueño de todo canterano"" (en castelán). 12 de maio de 2019. Consultado o 28 de novembro de 2023. 
  2. "Jannick llega cedido al UCAM Murcia" (en castelán). 28 de xaneiro de 2021. Consultado o 28 de novembro de 2023. 
  3. Marín, Javier (5 de xullo de 2021). "Oficial: Nick Buyla, cedido al Nástic". As (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2023. 
  4. Gascó, Javier (14 de outubro de 2022). "Jannick prueba en el CD Teruel tras rescindir con el Zaragoza". Consultado o 28 de novembro de 2023. 
  5. "JANNICK BUYLA, OFICIALMENTE BLANQUINEGRO" (en castelán). 5 de xaneiro de 2023. Consultado o 28 de novembro de 2023. 
  6. "La SD Logroñés rompe con Jannick Buyla" (en castelán). 29 de xaneiro de 2024. Consultado o 26 de outubro de 2024. 
  7. "El futbolista aragonés Jannick Buyla, detenido por el presunto amaño de un partido" (en castelán). 26 de febreiro de 2024. Consultado o 26 de outubro de 2024. 
  8. "Guinea Ecuatorial convoca al juvenil zaragocista Buyla" (en castelán). 29 de marzo de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2023. 
  9. "Bikoro y Jannick, protagonistas en el triunfo de Guinea Ecuatorial" (en castelán). 9 de setembro de 2019. Consultado o 28 de novembro de 2023.