Saltar ao contido

Jane Campion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJane Campion

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) J&B Jane Campion Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de abril de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Wellington (Nova Zelandia) Editar o valor en Wikidata
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Steven SpielbergIrmáns Coen ⊟ Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSydney Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Vitoria de Wellington
Universidade de Sydney
Australian Film Television and Radio School (en) Traducir
Chelsea College of Art and Design
Sydney College of the Arts (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, produtora, actriz, directora de cinema, realizadora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1982 Editar o valor en Wikidata -
Participou en
2017Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2017
2009Festival de Cannes 2009
19931993 Cannes Film Festival (en) Traducir
19891989 Cannes Film Festival (en) Traducir
19861986 Cannes Film Festival (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAlice Englert Editar o valor en Wikidata
PaisRichard Campion Editar o valor en Wikidata  e Edith Campion Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) Traducir
The St. James women filmmakers encyclopedia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001005 Allocine: 12147 Allmovie: p83988 TCM: 27916 TV.com: people/jane-campion
BNE: XX874290 Discogs: 702612 WikiTree: Campion-156 Editar o valor en Wikidata

Elizabeth Jane Campion,[1] nada en Wellington o 30 de abril de 1954 é unha directora, produtora e guionista cinematográfica neozelandesa establecida en Australia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Campion naceu en Wellington, segunda filla de Edith Beverley Georgette Hannah, actriz, escritora e herdeira, e Richard M. Campion, director de teatro e ópera.[2][3][4] Campion creceu dentro do mundo do teatro neozelandés.[3] Os seus pais fundaron o grupo de teatro New Zealand Players.[5] Inicialmente rexeitaba a idea de ter unha carreira no teatro ou na interpretación[3] e graduouse en antropoloxía na Universidade de Wellington en 1975.[3] En 1976 asistiu á Chelsea Art School en Londres e viaxou por Europa. Graduouse en pintura na Sydney College of the Arts en 1979. Finalmente cambiou ao cinema e creou a súa primeira curtametraxe, Tissues, en 1980. En 1981 comezou a estudar na Australian Film, Television and Radio School, onde realizou máis curtametraxes e se graduou en 1984.[6]

A súa primeira curtametraxe profesional, Peel (1982) gañou a Palma de Ouro á Curtametraxe no Festival de Cannes.[7] Dirixiu neses anos tamén series de televisión e telefilmes.

Sweetie (1989) foi a súa primeira longametraxe e co seguinte, An Angel at My Table (1990), conseguiu máis recoñecemento. A este seguiu a Palma de Ouro que logrou con The Piano,[8] co que ademais gañou o Oscar ao mellor guión orixinal e se converteu na segunda muller candidata ao Oscar á mellor dirección na 66ª edición dos premios.

O traballo posterior de Campion provocou opinións polarizadas: The Portrait of a Lady (1996), baseada na novela de Henry James; Holy Smoke! (1999) con Harvey Keitel e Kate Winslet; In the Cut (2003), suspense erótico baseado no bestseller de Susanna Moore protagonizado por Meg Ryan; Bright Star, drama biográfico sobre o poeta John Keats.

Campion foi produtora executiva do documental Abduction: The Megumi Yokota Story (2006) e traballou na serie Top of the Lake.[9] A miniserie conseguiu gran recoñecemento [10][11] e gañou premios, especialmente para a súa protagonista, Elisabeth Moss.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Directora

[editar | editar a fonte]

Produtora

[editar | editar a fonte]
  1. Fox, Alistair (2011). Jane Campion: Authorship and Personal Cinema. Indiana University Press. p. 32. Consultado o 6 de agosto de 2013. 
  2. Fox. Jane Campion. p. 25. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 McHugh, Kathleen (2007). Contemporary Film Directors: Jane Campion. Estados Unidos: Urbana : University of Illinois Press. ISBN 978-0-252-03204-2. 
  4. Canby, Vincent (30 de maio de 1993). "FILM VIEW; Jane Campion Stirs Romance With Mystery". The New York Times. 
  5. Fox. Jane Campion. p. 41. 
  6. Mark Stiles, "Jane Campion", Cinema Papers, decembro de 1985 p434-435, 471
  7. Awards - 1986 Arquivado 01 de xullo de 2015 en Wayback Machine., Cannes Film Festival. Consultado o 13 de maio de 2010.
  8. "Festival de Cannes: The Piano". festival-cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2009. Consultado o 22 de agosto de 2009. 
  9. Guthrie, Marisa (4 de novembro de 2011). "Jane Campion to Write, Direct Sundance Channel Miniseries Starring Elisabeth Moss". The Hollywood Reporter. Consultado o 6 de agosto de 2013. 
  10. http://www.rottentomatoes.com/tv/top-of-the-lake/
  11. http://www.metacritic.com/tv/top-of-the-lake
  12. "Entertainment: Top of the Lake". Sydney Morning Herald (Fairfax). 18 de marzo de 2013. Consultado o 19 de marzo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cheshire, Ellen: Jane Campion. Londres: Pocket Essentials, 2000.
  • Fox, Alistair: Jane Campion: Authorship and Personal Cinema. Bloomington–Indianápolis: Indiana University Press, 2011. ISBN 978-0-253-22301-2.
  • Gillett, Sue: 'Views for Beyond the Mirror: The Films of Jane Campion.' St.Kilda: ATOM, 2004. ISBN 1 876467 14 2 NLA citation
  • Hester, Elizabeth J.: Jane Campion: A Selective Annotated Bibliography of Dissertations and Theses. ISBN 978-1-4848-1838-1, ISBN 1-4848-1838-5.
  • Jones, Gail: 'The Piano.' Australian Screen Classics, Currency Press, 2007.
  • Margolis, Harriet (ed): 'Jane Campion's The Piano.' Cambridge University Press, 2000.
  • McHugh, Kathleen: 'Jane Campion.' Urbana e Chicago: University of Illinois Press, 2007.
  • Radner, Hilary, Alistair Fox e Irène Bessière (eds): 'Jane Campion: Cinema, Nation, Identity.' Detroit: Wayne State University Press,2009.
  • Verhoeven, Deb: Jane Campion. Londres: Routledge, 2009.
  • Wexman V. W.: Jane Campion: Interviews. Roundhouse Publishing. 1999.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]