Jan Svatopluk Presl
Jan Svatopluk Presl | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1794 Praga, Bohemia, Sacro Imperio Romano-Xermánico |
Morte | 8 de outubro de 1852 Praga, Bohemia, Imperio austríaco |
Lugar de sepultura | cemiterio de Vyšehrad (Vyšehradský hřbitov) de Praga |
Cargos deputado do Reichstag austríaco | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | bohemia |
Formación profesional | Doutor en Medicina |
Educación | Universidade Carolina de Praga |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica, natural science (en) , política e educación |
Lugar de traballo | Praga Kroměříž (pt) Viena Cementerio de Viena |
Ocupación | botánico, lexicógrafo, químico, mineralólogo, paleontólogo, xeólogo, zoólogo e político |
Empregador | Universidade Carolina de Praga |
Partido político | Old Czech Party (en) |
Lingua | alemán, checo, latín |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | J.Presl |
Familia | |
Nai | Maria Theresia Anna Presl, nada Straka |
Irmáns | 6, un deles Karel Bořivoj Presl |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Obálky knih, Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) , (vol:23, p.270, 279) |
Lista
|
Jan Svatopluk Presl, nado o 4 de setembro de 1791 preto de Praga, e finado o 6 de abril de 1849 en Praga foi un botánico, químico, mineralólogp, paleontólogo, xeólogo, zoólogo e político do Reino de Bohemia.
Ademais foi un lexicógrafo, impulsor da lingua checa para a linguaxe científica, cando unicamente se escribía en alemán. Foi o autor da terminoloxía científica checa de varias ramas da ciencia, incluída a nomenclatura química. Foi tamén coautor dunha importante obra taxonómica checa, O Přirozenosti Rostlin.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como científico
[editar | editar a fonte]Jan Presl estudou o bacharelato no Gymnasium dos escolapios de Praga, e máis tarde medicina na Universidade Carolina de Praga, onde alcanzou o título de doutor. Porén, nunca exerceu como médico, senón que foi profesor audante de zooloxía e mineraloxía. En 1818 traballlou en Olomouc (Moravia) até 1820. Logo regresou a Praga, onde foi profesor de zooloxía e mineraloxía na Universidade Carolina durante 28 anos.[1]
Foi cofundador da terminoloxía checa en moitos campos científicos, especialmente en mineraloxía, química, zooloxía e botánica. Introduciu palabras dobres para a designación de compostos inorgánicos e diferenciou o número de oxidación coa axuda de sufixos. Porén, non se puido utilizar toda a súa terminoloxía. As súas obras foron posteriormente complementadas ou revisadas por Vojtěch Šafařík, Alexandr Sommer-Batěk e Emil Votoček.
Desccribiu máis de 800 especies de plantas.[2]
Como político
[editar | editar a fonte]Como político, J. Presl foi un destacado patriota. Pertenceu ao grupo do Renacemento Nacional Checo, que planificou o establecemento do Museo Nacional con outros patriotas. En 1821 cofundou a primeira revista científica checa Krok. En 1848 foi un dos delegados da Asemblea Eslava, e deputado no Reichstag do Imperio austríaco polo Antigo Partido Checo (en checo, Staročeši, oficialmente Partido Nacional, Národní strana) que se formou no Reino de Bohemia e nas terras da coroa bohemia do Imperio austríaco no ano da Revolución de 1848, para lograr unha mellor posición de Bohemia dentro da monarquía dos Habsburgo.[3]
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]- Deliciae Pragenses, Historiam Naturalis Spectantes. Editae a Joanne Swatopluco Presl...et Carolo Bor̆iwogo Presl... (Co seu irmán Karel Bořivoj Presl (1822). (Ver dixitalizado)
- Flora Čechica (Praga, 1819), co seu irmán Karel Bořivoj Presl, o primeiro herbario completo e sistemático, que contiña 1 498 especies (ver dixitalixado).
- Mantissa I. ad Floram Čechicam (1822, Volume suplementario).
- Lučba čili chemie zkusná [Química didáctica ou experimental] (1828–1835).
- Nerostopis čili Mineralogie [Nerostopis ou mineraloxía] (1837).
- O Přirozenosti Rostlin [Sobre a natureza das plantas]. (Con Friedrich von Berchtold), Praga: Krala Wiljma Endersa. (1820).
- O Přirozenosti Rostlin aneb rostlinář [Sobre a natureza das plantas ou o plantario]. (Con Friedrich von Berchtold). Praga: Jos Krause. (1820–1835). (Ver dixitalizado).
Honores
[editar | editar a fonte]Epónimos
[editar | editar a fonte]Xéneros
[editar | editar a fonte]- Na súa honra e na do seu irmán Karel Bořivoj Presl (1794-1852), nomeáronse os xéneros Preslia Opiz (1824).[4] da familia das lamiáceas (hoxe reclasificado como Mentha L.) e Preslianthus Iltis & Cornejo da familia das caparáceas.[1]
Especies
[editar | editar a fonte]- (Cyperaceae) Hymenochaeta preslii (A.Dietr.) Nakai.[5]
- (Dryopteridaceae) Ctenitis preslii (Bak. in Hook. & Baker) Copel.[6]
- (Euphorbiaceae) Euphorbia preslii Spruner ex Nyman.[7]
- (Hymenophyllaceae) Hymenophyllum preslii (Bosch) Rosenst.[8]
- (Poaceae) Calamagrostis preslii (Kunth) Hitchc.[9]
- Revista
- A revista científica Preslia da Sociedade Botánica Checa, que se publica desde 1914, tamén leva o nome dos dous irmáns.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura J.Presl emprégase para recoñecer a Jan Svatopluk Presl como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Lotte Burkhardt (2018): Verzeichnis eponymischer Pflanzennamen – Erweiterte Edition. Teil I und II. Berlin: Botanic Garden and Botanical Museum Berlin, Freie Universität Berlin. ISBN 978-3-9462-9226-5.
- ↑ 2,0 2,1 [https://www.ipni.org/a/7947-1 J.Presl, Jan Svatopluk (Swatopluk) (1791-1849) no IPNI].
- ↑ Rick Fawn; Jiří Hochman (2009). "Introduction". Historical Dictionary of the Czech State. Scarecrow Press. p. LVII. ISBN 978-0-8108-5648-6.
- ↑ Naturalientausch viii. (1824) 86; e en Flora, vii. 1824 322 (IK).
- ↑ Bull. Natl. Sci. Mus., Tokyo nº 31: 133, 1952 (IK)
- ↑ Gen. Fil. [Copeland]: 124, 1947 (IF)
- ↑ Consp. Fl. Eur. 3: 654, 1881 (IK)
- ↑ Bull. Jard. Bot. Buitenzorg Ser. 2, II. 25 1911 (IF)
- ↑ Contr. U.S. Natl. Herb. 24: 370, 1927 (GCI)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jan Svatopluk Presl |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Jan Svatopluk Presl |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hoffmannová, Eva (1973): Jan Svatopluk Presl, Karel Borivoj Presl. Praga.
- Kimball, S. B. (1973): "The Austro-Slav Revival: A Study of Nineteenth-Century Literary Foundations". Trans. Am. Ph. Soc., NS, 63 (4): 1-83.
- Kolari, Veli (1973): "Notes on Jan Svatopluk Presl as Terminologist". Scando-Slavica 19: 187-196.
- Kolari, Veli (1981): Jan Svatopluk Presl und die tschechische botanische Nomenklatur: Eine lexikalisch-nomenklatorische Studie. Helsinqui.
- Moritsch, Andreas, ed. (2000): Der Prager Slavenkongress 1848. Viena.
- Moritsch, Andreas (2000): "Revolution 1848 – Österreichs Slaven wohin?" En: Moritsch (ed.): 5-18.
- Pokorný, Jiří (2000): "Der Prager Slavenkongress und die Tschechen". En: Moritsch (ed.) 63-70.
- Weitenweber, W. R. (1854): "Denkschrift über die Gebrüder Joh. Swat. Und Carl Bor Presl". En Abhandlungen der Königlich-Böhmischen Gesellschaft der Wissenschaften, Folge 5, vol. 8: 4-27.