Saltar ao contido

Jamaal Wilkes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJamaal Wilkes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de maio de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Berkeley, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles
Ventura High School (en) Traducir
Santa Barbara High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura198 cm Editar o valor en Wikidata
Peso86 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1974 Editar o valor en Wikidata - 1985 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Convocado porGolden State Warriors Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Golden State Warriors
Los Angeles Clippers
Los Angeles Lakers
1971–1974 UCLA Bruins
Premios

Musicbrainz: 45ee0566-f390-4377-8ba4-df220831847f Editar o valor en Wikidata

Jamaal Abdul-Lateef, nado co nome Jackson Keith Wilkes o 2 de maio de 1953 en Berkeley (California), máis coñecido como Jamaal Wilkes, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou durante toda a súa carreira na National Basketball Association (NBA). Desde a posición de ala, conseguiu gañar catro títulos da NBA cos Warriors e os Lakers. Foi ademais trees veces All-Star e nomeado Rookie do Ano. Antes da súa etapa profesional, conseguira gañar dous campionatos da NCAA cos UCLA Bruins. Na súa honra os Lakers retiraron o seu dorsal 52. Wilkes converteuse ao islam e mudou legalmente ao seu nome en 1975, porén, segue a utilizar o seu apelido de nacemento por motivos de recoñecemento público.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Tras ser elixido All-American durante a súa etapa no Instituto de Santa Bárbara, pasou a formar parte dos Bruins da Universidade de California Os Angeles (UCLA). Alí, xunto a Bill Walton, gañou os campionatos da NCAA, en 1972 e 1973, e formou parte do mítico equipo de UCLA que conseguiu o récord de 88 partidos consecutivos sen perder. Nas súas tres temporadas universitarias fixo unha media de 15 puntos e 7,4 rebotes por partido, cunha porcentaxe de tiro do 51,4%.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido o posto 11 da primeira rolda do Draft da NBA de 1974 polos Golden State Warriors. Non lle puido ir mellor no seu primeiro ano, xa que ademais de gañar o título de Rookie do Ano tras facer unha media de 14,2 puntos e 8,2 rebotes por partido, o seu equipo proclamouse campión da NBA, logrando o seu primeiro anel. Na súa segunda temporada as súas cifras melloraron, e así foi elixido por primeira vez para xogar o All Star Game, feito que se repetiría en 1981 e 1983. Tras tres temporadas nos Warriors, foi fichado polos Lakers, onde acabou coincidindo no equipo do "Showtime" con dous dos xogadores máis determinantes da historia da NBA: Magic Johnson e Kareem Abdul-Jabbar. Xunto a eles conseguría outros tres títulos de campión da NBA en 1980, 1982 e 1985.

Xa con 32 anos, terminou a súa carreira deportiva no equipo veciño, Los Angeles Clippers. Nas súas doce tempadas como profesional fixo unha media de 17,7 puntos, 6,2 rebotes e 2,5 asistencias por partido. O 2 de abril de 2012, anunciouse que Wilkes pasaría a formar parte do Naismith Memorial Basketball Hall of Fame. A súa elección fíxose oficial o 7 de setembro. Pouco máis tarde chegaríanlle dous novos recoñecementos: o 28 de decembro de 2012, os Lakers retiraron o seu dorsal 52 como homenaxe, mentre que a UCLA faría o propio o 17 de xaneiro de 2013.[1]

  1. "Jamaal Wilkes' No. 52 jersey to be retired at Thursday's game". The Orange County Register (en inglés). 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 14 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]