Jakob Bernoulli
Jakob Bernoulli, tamén coñecido como Jacob, Jacques ou James Bernoulli, nado en Basilea o 27 de decembro de 1654 e finado o 16 de agosto de 1705, era un matemático e científico suízo, e o irmán máis vello de Johann Bernoulli.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jakob Bernoulli coñeceu a Robert Boyle e Robert Hooke nunha viaxe a Inglaterra en 1676, despois do cal adicou a súa vida á ciencia e ás matemáticas. Deu clases na Universidade de Basilea desde 1682, converténdose en profesor de matemáticas en 1687.
Estaba de acordo con Gottfried Leibniz, e así aprendeu cálculo, e colaborou có seu irmán Johann. Os seus primeiros papeis sobre curvas transcendentais (1696) e isoperimetría (1700, 1701) son exemplos temperáns da súa aplicación.
A súa obra mestra foi Ars Conjectandi (a arte das conxecturas), un traballo sobre a teoría da probabilidade. Foi publicado oito anos despois da súa morte (1713) polo seu sobriño Nicholas. Os conceptos proceso de Bernoulli e número de Bernoulli proceden do seu traballo, e por iso levan o seu nome.