Ivanhoé
Ivanhoé Ivanhoe | |
---|---|
Forma | Ópera (pastiche) |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Francés |
Libretista | Émile Deschamps e Gabriel-Gustave de Wailly |
Fontes literarias | Ivanhoe de Walter Scott |
Estrea | 15 de setembro de 1826 |
Teatro da estrea | Théâtre de l'Odéon |
Lugar da estrea | París |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Personaxes | |
Ivanhoé (en galego Ivanhoe) é unha ópera pastiche en tres actos con música de Gioachino Rossini e libreto en francés de Émile Deschamps e Gabriel-Gustave de Wailly, axudados polo seu comitente, o editor Antonio Pacini; está baseada na novela de Walter Scott Ivanhoe. a súa estrea tivo lugar no Théâtre de l'Odéon de París o 15 de setembro de 1826, poucas semanas antes de poñerse en escena - o 9 de outubro - Le siège de Corinthe.
Historia
[editar | editar a fonte]Ivanhoé foi estreada no Théâtre de l'Odéon de París o 15 de setembro de 1826,[1] poucas semanas antes de estrearse le siège de Corinthe. Logo de ser repetida un par de veces a raíz do éxito da primeira representación, a ópera caeu no esquecemento e non foi recuperada ata 1990 polo Teatro dell'Opéra de Montpellier.
Posteriormente foi interpretada en Inglaterra como The Maid of Judah.[2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 15 de setembro de 1826 (Director: -)[3] |
---|---|---|
Ivanhoé, cabaleiro saxón | tenor | Lecomte |
Léila, filla de Ismaël | soprano | Le Moule |
Brian de Boisguilbert, cabaleiro normando | baixo | Leclerc |
Ismaël, musulmán, plateiro do rei de Francia | barítono | Léon |
Cédric, o pai de Ivanhoé | barítono | V Adolphe |
Le Marquis Lucas de Beaumanoir, xeneral en xefe do exército normando | baixo | Charles |
Albert de Malvoisin, cabaleiro normando | tenor | Peyronnet |
Un heraldo | tenor | Masson |
Thierry | mimo |
Argumento
[editar | editar a fonte]O libreto de Deschamps e Wailly respecta só en parte a trama da obra de Scott mais, permanecendo no tema ofrece escenas épicas[4] coa presenza de peregriños e campións invencibles, asedios e os procesos contra as nenas condenadas por erro. Tamén están os combates singulares, así como o coñecemento e o predecible final feliz, as unións entre Ivanhoé e Léila, saxóns e normandos unidos nun único pobo inglés, listos para combater contra os comúns inimigos franceses.
Análise
[editar | editar a fonte]A música empregada para a partitura non era, agás a introdución, orixinal, senón que procedía doutras óperas e foi revisada e adaptada para a ocasión a xeito de pastiche[5] polo mesmo Rossini (que, alo menos oficialmente, tería consentido unha operación análoga con ocasión da posta en escena de Robert Bruce) para introducir a súa música en París.
As obras das que se toma a música son: Semiramide, La Cenerentola, La gazza ladra, Tancredi, Bianca e Falliero, Armida, Maometto II, Aureliano in Palmira, Sigismondo, Torvaldo e Dorliska, Moïse et Pharaon e Zelmira[4].
A música que marca varios números musicais, intercálase con recitativos falados ao xeito da opéra-comique, mantendo, porén, respecto ao contexto orixinal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Osborne, Richard (1986). Rossini. London: Dent. pp. 72–3. ISBN 0-460-03179-1.
- ↑ The Theatrical observer and, Daily bills of the play (Volume 1832 v. 3 no.3361-3445:(Sep 22,1832-Dec 31,1832))
- ↑ "Información de AmadeusOnline.net". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2012. Consultado o 28 de xuño de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 Rossini - Tutti i libretti d'opera, editado por Piero Mioli, cunha introdución de Paolo Fabbri, Newton Compton, 1997, ISBN 88-8183-806-0
- ↑ Frecuente na escena operística italiana do século XIX.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |