Saltar ao contido

Iván Villar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIván Villar

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Iván Villar Martínez Editar o valor en Wikidata
9 de xullo de 1997 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Aldán, España Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2013 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo1 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
Rápido Bahía Club de Fútbol
2008–2015 Celta de Vigo
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Club Deportivo Leganés
2013–2019   Celta Fortuna 86(0)
2016–   Celta de Vigo 26(0)
2018–2018 cesión   Levante UD 0(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2013–2013   España sub-17 2(0)
2016–2016   España sub-19 1(0)
2024–   Galicia 1(0)

Instagram: ivanvillar97 Editar o valor en Wikidata

Ivan Villar Martínez, nado en Aldán (Cangas) o 9 de xullo de 1997 é un futbolista galego que xoga de porteiro no Celta de Vigo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Procedente do Rápido Bahía, fichou polo Celta de Vigo en idade alevín, pasando por tódolos equipos da canteira celeste ata o Celta de Vigo B, co que debutou en 2013 na Segunda División B, aínda en idade de xuvenil. Na tempada 2015/16 foi o primeiro porteiro do filial e na tempada seguinte, 2016/17, alternou o filial coas convocatorias do primeiro equipo, co que debutou na penúltima xornada da liga de Primeira División fronte ao Deportivo Alavés, da man do adestrador Eduardo Berizzo.[1]

No verán de 2017 rexeitou continuar no filial, pois preferiu intentar gañar un posto no primeiro equipo fronte aos gardametas Rubén Blanco e Sergio Álvarez.[2] Con todo, non dispuxo de ningún minuto e en xaneiro saíu cedido ao Levante, que buscaba un porteiro para suplir a baixa do lesionado Raúl Fernández.[3] No equipo valenciano non chegou a debutar, sendo o gardameta titular Oier Olazábal. Na tempada 2018/19 regresou ao Celta B, co que disputou 39 partidos.

Na campaña 2019/20 foi o terceiro porteiro do primeiro equipo, e disputou os últimos partidos da tempada, tralas lesións de Sergio e Rubén Blanco. Os problemas destes gardametas continuaron na 2020/21, polo que Iván Villar puido xogar 23 partidos durante o ano.

Selección española

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española sub-17,[4] coa sub-19 e coa sub-21,[5] e en xullo de 2021 viaxou a Toquio para participar nos Xogos Olímpicos de 2020.[6] O seleccionador Luis de la Fuente elixiuno como terceiro porteiro, por detrás de Unai Simón e Álvaro Fernández. Aínda que non chegou a debutar no torneo, conseguiu a medalla de prata despois de que o seu equipo xogase e perdese a final contra o Brasil de Dani Alves.[7]

Selección galega

[editar | editar a fonte]
Iván Villar coa selección galega (2024).

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[8]

  1. "Iván Villar, un debut solo ante el peligro". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de maio de 2017. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  2. "Iván Villar le dice no al filial del Celta". Marca (en castelán). 14 de xullo de 2017. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  3. "El Levante se hace con la cesión del portero del Celta Iván Villar para suplir a Raúl". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  4. "El portero Iván Villar, convocado con la selección española sub 17". Faro de Vigo (en castelán). 31 de agosto de 2013. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  5. "Iván Villar, citado por primera vez por la selección sub-21". Faro de Vigo (en castelán). 25 de agosto de 2017. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  6. Bernardo, Julio (30 de xuño de 2021). "Iván Villar, a los Juegos Olímpicos de Tokio". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  7. "Brasil fue mejor, tocó plata" (en castelán). 7 de agosto de 2021. Consultado o 8 de agosto de 2021. 
  8. "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá". Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]