Isodesmosina
Isodesmosina | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 991-01-5 |
PubChem | 13811 |
ChemSpider | 13214 |
MeSH | D007524 |
ChEBI | CHEBI:64366 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C24H40N5O8 |
Masa molar | 526,60 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A isodesmosina é un aminoácido derivado da lisina que se encontra na proteína elastina.[1] A isodesmosina é un aminoácido hidrófobo baseado no piridinio, que se orixina pola condensación formal de catro residuos de lisina.[2] A desmosina establece enlaces entre moléculas da proteína elastina pola acción do encima lisil oxidase; deste modo, as moléculas de elastina están unidas entre si formando unha matriz e facéndoa bastante resistente á proteólise.[3] Pertence ao grupo de compostos chamados ácidos tetracarboxílicos e derivados, por conter catro grupos carboxilo.[4] É un biomarcador ideal para monitorizar o recambio da elastina, porque estes enlaces especiais só se encontran na elastina madura.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anwar, R., Oda, G. Structure of Desmosine and Isodesmosine. Nature 210, 1254–1255 (1966). [1]
- ↑ Ramzy Anwar. The Biosynthesis of Desmosine and Isodesmosine. Novembro de 1966. Journal of Biological Chemistry 241(20):4638-41. DOI: 10.1016/S0021-9258(18)99695-X
- ↑ Norman R. Davis and R. A. Anwar . Mechanism of formation of desmosine and isodesmosine cross-links of elastin. Journal of the American Chemical Society 1970 92 (12), 3778-3782. DOI: 10.1021/ja00715a040
- ↑ HMDB TMIC Isodesmosine
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |