Yitzhak Rabin
(1994) | |
Nome orixinal | (he) יצחק רבין |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de marzo de 1922 Xerusalén (Mandato británico de Palestina) |
Morte | 4 de novembro de 1995 (73 anos) Tel Aviv, Israel |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Monte Herzl |
Minister of Health (en) | |
8 de febreiro de 1994 – 1 de xuño de 1994 | |
5º Primeiro ministro de Israel | |
13 de xullo de 1992 – 4 de novembro de 1995 ← Yitzhak Shamir – Shimon Peres ⊟ Gabinete ministerial: Twenty-fifth government of Israel (en) | |
Membro de Knesset | |
13 de xullo de 1992 – 4 de novembro de 1995 – Nava Arad (pt) ⊟ Lexislatura: list of members of the thirteenth Knesset (en) | |
Minister of Defense (en) | |
13 de xullo de 1992 – 4 de novembro de 1995 | |
Minister of Religious Services (en) | |
13 de xullo de 1992 – 27 de febreiro de 1995 | |
Membro de Knesset | |
7 de outubro de 1991 – 13 de xullo de 1992 Lexislatura: 12th Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
21 de novembro de 1988 – 7 de outubro de 1991 Lexislatura: 12th Knesset (en) | |
Minister of Defense (en) | |
13 de setembro de 1984 – 15 de marzo de 1990 | |
Membro de Knesset | |
13 de agosto de 1984 – 21 de novembro de 1988 Lexislatura: 11th Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
20 de xullo de 1981 – 13 de agosto de 1984 Lexislatura: 10th Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
13 de xuño de 1977 – 20 de xullo de 1981 Lexislatura: 9th Knesset (en) | |
Minister of Communications (en) | |
3 de xuño de 1974 – 20 de marzo de 1975 | |
5º Primeiro ministro de Israel | |
3 de xuño de 1974 – 20 de xuño de 1977 ← Golda Meir – Menachem Begin ⊟ Gabinete ministerial: Seventeenth government of Israel (en) | |
Membro de Knesset | |
21 de xaneiro de 1974 – 13 de xuño de 1977 Lexislatura: 8th Knesset (en) | |
Ambassador of Israel to the United States (en) | |
1968 – 1973 | |
7º Chefe do Estado-Maior Geral (Israel) (pt) | |
1 de xaneiro de 1964 – 1 de xaneiro de 1968 ← Tzvi Tzur (pt) – Haim Bar-Lev (pt) ⊟ | |
Datos persoais | |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Kadoorie Agricultural High School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Xerusalén |
Ocupación | diplomático, oficial, político |
Período de actividade | 1941 - 1967 |
Partido político | Partido Laborista de Israel |
Carreira militar | |
Rama militar | Haganah |
Rango militar | Rav Aluf (en) (1963–1995) |
Conflito | Guerra árabe-israelí de 1948 Guerra de Suez Guerra dos Seis Días |
Familia | |
Cónxuxe | Leah Rabin (1948–1995) |
Fillos | Dalia Rabin-Pelossof, Yuval Rabin |
Pais | Nehemiah Rabin e Rosa Cohen |
Irmáns | Rahel Rabin |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Yitzhak Rabin ou Isaac Rabin ( יִצְחָק רַבִּין en hebreo ), nado en Xerusalén o 1 de marzo de 1922 e finado en Tel Aviv o 4 de novembro de 1995, foi un político e militar israelí. Foi o quinto primeiro ministro de Israel entre 1974 e 1977 e de novo entre 1992 e o seu asasinato en 1995, perpetrado por Yigal Amir.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado no seo dunha familia sionista, seu pai, Nehemiah era un xudeu americano de orixe ucraína que viñera a Palestina para loitar na Lexión Xudía durante a primeira guerra mundial coa misión de botar os turcos de Israel e súa nai, Rosa, xudía de orixe rusa foi unha das primeiras integrantes da organización paramilitar Haganah. Aínda que nado en Xerusalén, a familia residiu primeiro en Haifa e desde 1923 en Tel Aviv [1]. Yitzhak identificouse co sionismo e o socialismo dende a súa mocidade, estudou na escola agrícola Kaduri de Galilea, onde se graduou con distinción, pouco despois en 1941 entrou na Palmach, a forza de elite da Haganah, dirixida por Igal Alon. A súa primeira acción foi cortar as liñas de teléfono no Líbano [2], entón en mans do goberno de Vichy. Ascendeu rapidamente e xa rematada a guerra, en outubro de 1945 dirixiu unha operación para liberar a refuxiados xudeus do campo de detención de Atlite. Durante a guerra de independencia mandou un rexemento, trala creación do Estado de Israel mantense na carreira militar, e chega a xefe de Estado Maior durante a guerra dos seis días. Deixou o exército en 1968, nomeado embaixador en Italia e nos Estados Unidos. En 1973 entra no Knesset co Partido Laborista e asume o ministerio de traballo, o 2 de xuño de 1974 foi designado líder do partido e sucede a Golda Meir como primeiro ministro, foi o primeiro sabra (nado en Israel) en acceder ao posto. Durante o seu segundo mandato xogou un papel destacado nos Acordos de Oslo, que crearon a Autoridade Palestina e acabou por recoñecer á OLP o 9 de setembro de 1993 logo de Arafat renunciar á violencia. En 1994 recibiu o Premio Nobel da Paz con Shimon Peres e Yasser Arafat.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ David Horovitz (1996)Shalom, Friend: The Life and Legacy of Yitzhak Rabin, Newmarket Press, páx. 26
- ↑ Libby Hughes (2005) Yitzhak Rabin: From Soldier to Peacemaker , páx. 29