Intruders
Intruders | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Intruders |
Director | Juan Carlos Fresnadillo |
Produtor | Belén Atienza Enrique López Lavigne |
Guión | Nicolás Casariego Jaime Marques |
Intérpretes | Clive Owen Carice van Houten Daniel Brühl Pilar López de Ayala Ella Purnell |
Música | Roque Baños |
Fotografía | Enrique Chediak |
Montaxe | Chris Gill |
Estudio | Antena 3 Films Apaches Entertainment UPI |
Distribuidora | Universal Pictures International |
Estrea | 2011 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Estados Unidos España |
Xénero | Terror |
Orzamento | $13 000 000 (estimado) |
Recadación | $3 012 210 |
Na rede | |
Intruders é un filme dirixido por Juan Carlos Fresnadillo que se estreou no 2011.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Juan, un neno de sete anos, vive nun barrio humilde de Madrid e ten unha imaxinación desbordante. Polas noites, sofre pesadelos nos que un intruso sen faciana o ataca salvaxemente, sen que a súa nai poida facer nada para evitalo. Mentres tanto, Mia, unha adolescente londiniense de doce anos, le ós seus compañeiros de clase o misterioso conto de CaraHueca, un monstro obsesionado cos nenos. Ese mesmo día, John Farrow, o seu pai, sofre un accidente no rañaceos en construción onde traballa. A vida das dúas familias, aínda que separadas por moitos quilómetros, dará un xiro: os intrusos xa se instalaron nas súas casas e intentan desesperadamente arrebatarlles algo ós nenos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Clive Owen como John Farrow
- Carice van Houten como Susanna
- Kerry Fox como Doutora Rachel
- Ella Purnell como Mia
- Mark Wingett como Avó
- Lolita Chakrabarti como Doutor Roy
- Izan Corchero como Juan
- Daniel Brühl
- Adam Leese
- Raymond Waring
- Pilar López de Ayala
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2011: San Sebastián: Sección oficial non competitiva - Inauguración.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)