Indalecio Díaz Baliño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de decembro de 1896 Ferrol, España |
Morte | 3 de febreiro de 1952 (55 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Camilo Díaz Baliño Ramiro Díaz Baliño Lolita Díaz Baliño |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Indalecio Díaz Baliño, nado en Ferrol o 8 de decembro de 1896 e finado na Coruña o 3 de febreiro de 1952 foi delineante e escultor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Germán Díaz Teijeiro, natural de Ortigueira, e Camila Baliño López, de Ferrol, e irmán dos, tamén artistas, Camilo (1889); Ramiro (1902) e Lolita (1905), formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña, da que foi profesor e director. En 1915 recibiu unha bolsa da Deputación da Coruña para ampliar estudos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Tomou parte na Exposición Iberoamericana de 1929.
Obras súas, de temática galega, son A volta da sega, No sermón e Devotiña. Fixo un busto de José Calvo Sotelo para a Deputación da Coruña. Participou na decoración do Hotel Finisterre da Coruña e o Teatro García Barbón de Vigo. En 1932 participou na celebración do primeiro aniversario da Segunda República Española coa realización de diversas obras. Colaborou co seu irmán Camilo na realización de escenografías.[1]
Foi nomeado membro da Real Academia Galega de Belas Artes "Nosa Señora do Rosario", correspondente en 1946 e numerario en 1948.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Indalecio Díaz Baliño |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Díaz Baliño, Indalecio". Diccionario enciclopédico galego universal. La Voz de Galicia. 2003-2004. ISBN 84-7680-429-6.
- "Díaz Baliño, Indalecio". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 328.
- "Díaz Baliño, Indalecio". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 699.
- "Díaz Baliño, Indalecio". Enciclopedia Galega Universal 7. Ir Indo. 1999-2002. p. 288. ISBN 84-7680-288-9.
- Seoane, Luís (2005). "Díaz Baliño, Indalecio". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.Seoane&rft.btitle=Gran Enciclopedia Galega&rft.date=2005&rft.genre=bookitem&rft.isbn=84-87804-88-8&rft.pub=El Progreso&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Suárez Sandomingo, J. M. "Los Díaz Baliño (3). Indalecio Díaz Baliño" 12/4/2017.