Incus
Aparencia
O incus é un trazo suplementario das nubes, consistente nunha protuberancia extensa a xeito de engra na súa rexión superior, de aspecto liso, fibroso ou estriado.
Están asociados á fase de madurez dunha treboada. O debilitamento das correntes ascendentes de aire que provocaron o fenómeno treboento dá lugar ao momento de precipitación máis intenso, formándose o incus na parte superior da nube.
É exclusivo do xénero cumulonimbus.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.