Saltar ao contido

In Bloom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«In Bloom»
sinxelo de Nirvana
do álbum Nevermind
Lanzamento 30 de novembro de 1992
Formato {{{formato}}}
Gravada maio de 1991
Xénero musical grunge
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 4:14
Discográfica DGC Records
Produtor(es) Butch Vig
Escritor(es) Kurt Cobain
Cronoloxía
«"Lithium «In Bloom» «"Puss"/ "Oh, the Guilt
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"In Bloom" é unha canción da banda estadounidense de grunge Nirvana, editada como sinxelo do seu álbum Nevermind o 30 de novembro de 1992. A banda gravara un vídeo para a primeira versión do tema, porén, "In Bloom" non aparecería nunha edición comercial ata o lanzamento de Nevermind en 1991. A canción converteríase no cuarto sinxelo do álbum, e foi acompañado por un videoclip no cal se parodiaban as actuacións musicais dos programas de variedades dos anos 60.

Rolling Stone situou a "In Bloom" no posto 415 na súa lista de 2010 das 500 mellores cancións de todos os tempos[1]

Antecedentes e gravación

[editar | editar a fonte]

Nirvana tocou por vez primeira a canción a noite anterior de gravar unha demo. O baixista Krist Novoselic recordou que "orixinalmente soaba como un tema de Bad Brains. Entón Kurt converteuna nunca canción pop"[2]. Cobain marchou a casa e traballou sobre ela, tocándolle a versión revisada a Novoselic polo teléfono[3]. A banda gravou "In Bloom" co produtor Butch Vig nos Smart Studios de Madison, Wisconsin durante o mes de abril de 1990. O material gravado nos Smart Studios era para o segundo álbum do grupo, que ía ser editado a través do selo independente Sub Pop[4]. Orixinalmente a canción tiña unha ponte que Vig eliminou. Novoselic dixo que despois de que a banda gravase o tema, Vig cortou a ponte da cinta máster de 16 pistas cunha folla de afeitar e tirouna ao lixo[2]. As cancións desas sesións pasaron a formar parte dunha cinta demo que circulou pola industria discográfica, xerando interese entre os grandes selos[5].

Tras asinar con DGC Records, Nirvana comezou a gravar por segunda vez Nevermind en maio de 1991. "In Bloom" foi unha das primeiras cancións que se gravaron durante as sesións nos Sound City Studios en Van Nuys, California; Vig pensou que sería bo comezar gravando un tema anteriormente rexistrado nos Smart Studios[6]. Os arranxos para "In Bloom" e as outras cancións previamente gravadas con Vig en 1990 quedaron na súa meirande parte sen cambios; o recentemente contratado Dave Grohl respectou case todas as batería gravadas por Chad Channing, pero engadíndolle máis potencia e precisión á gravación[7]. Cobain cantaba progresivamente dun xeito "máis duro" durante a gravación da canción, o que lle dificultou a Vig equilibrar os volumes entre as estrofas e os estribillos. Vig recordou que tivo que cambiar o nivel de entrada "sobre a marcha", e esperaba que Cobain would non "cambiase o enunciado ou fixese algo diferente" mentres gravaba[8].

Cobain decidiu non sobregravar unha harmonía vocal durante as sesións en Smart Studios, posiblemente debido ás limitacións de tempo[9]. Durante as sesións do Nevermind, Vig fixo que Grohl cantase harmonías na canción. Grohl tivo dificultades para atinar coas notas correctas, pero finalmente foi capaz de cantar o que Vig quería[10]. Vig tivo que enganar a miúdo a Cobain, que se opoñía a realizar distintas tomas, para facer tomas adicionas para os overdubs do disco. O produtor convenceu a Cobain para dobrar as súas voces en "In Bloom" dicíndolle, "John Lennon fíxoo". Tras dobrar as voces, Vig decidiu que podería dobrar tamén as de Grohl e realizou unha toma adicional das harmonías do coro[6].

Composición

[editar | editar a fonte]

Como moitas cancións de Nirvana, "In Bloom" pasa de estrofas tranquilas a estribillos fortes. Cobain usa un amplificador de guitarra Mesa Boogie para as estrofas, e durante o estribillo cambia a un Fender Bassman (por suxestión de Vig), para conseguir un son fuzz de dobre vía máis pesado[8]. A sección rítmica de Novoselic e Grohl mantiveron as súas partes sinxelas; Grohl dixo que era "unha regra non escrita" evitar recheos de batería innecesarios, mentres que Novoselic afirmou que sentía que o seu papel era o de "servir á canción"[6]. Durante os coros, o vocalista Cobain e o batería Grohl harmonizan mentres cantan "He's the one/Who likes all our pretty songs/And he likes to sing along/And he likes to shoot his gun/But he knows not what it means". A introdución da canción volve a aparecer ao final de cada coro.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Kurt Cobain.

7", casete
  1. "In Bloom" – 4:17
  2. "Polly" (live) – 2:47
12", CD
  1. "In Bloom" – 4:17
  2. "Sliver" (live) – 2:06
  1. Rolling Stone - 500 greatest songs of all time
  2. 2,0 2,1 Cross, Charles R. "Requiem for a Dream." Guitar World. October 2001.
  3. Fricke, David. "Krist Novoselic on Nevermind". Rolling Stone. 13 de setembro de 2001. Arquivado do orixinal o 28 de xaneiro de 2010. Recuperado o 10 de xuño de 2008.
  4. Azerrad, p. 137
  5. Azerrad, p. 138
  6. 6,0 6,1 6,2 Classic Albums—Nirvana: Nevermind [DVD]. Isis Productions, 2004.
  7. Azerrad, p. 173
  8. 8,0 8,1 Berkenstadt; Cross, p. 70
  9. Berkenstadt; Cross, p. 37
  10. Azerrad, p. 174