Imperio de Kanem
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Anjimi (pt) | |||
Xeografía | ||||
Bañado por | Lago Chad | |||
Datos históricos | ||||
Creación | c. 700 | |||
Disolución | 1376 | |||
Sucedido por | Imperio Kanem-Bornu | |||
O Imperio de Kanem, ou, despois, Imperio de Bornu, existía en áreas que agora forman parte de Nixeria, Níxer, Camerún, Libia e Chad. Foi coñecido polos xeógrafos árabes como o Imperio Kanem desde o século VIII e durou como o reino independente de Bornu (o Imperio Bornu ) ata 1900.[1]
O Imperio Kanem (c. 700–1380) situouse nos países actuais de Chad, Nixeria e Libia.[2] No seu apoxeo, abranguía non só a maior parte do Chad senón tamén partes do sur de Libia ( Fezán ) e o leste de Níxer, o nordeste de Nixeria e o norte de Camerún. O Imperio Bornu (década de 1380–1893) foi un estado no que hoxe é o nordeste de Nixeria, que co tempo chegou a ser aínda máis grande que Kanem, incorporando áreas que hoxe son partes do Chad, Níxer e Camerún.[3]
A historia temperá do imperio coñécese principalmente pola Crónica Real, ou Girgam, descuberta en 1851 polo viaxeiro alemán Heinrich Barth. Os réximes sucesores serían, o emirato de Borno e o emirato de Dikwa, establecéndose ao redor de 1900; os que inda existen hoxe en día como estados dentro de Nixeria.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Empire of Kanem-Bornu (ca. 9th century-1900)". blackpast.org. Consultado o 2022.
- ↑ "Kanem-Bornu". britannica.com. Consultado o 2014.
- ↑ "The Encyclopedia of empire". Choice Reviews Online 53 (12). 2016. ISSN 0009-4978.