Illunbe Kirol Elkartea
Club Atlético Illunbe, coñecido por motivos de patrocinio como Trintxerpe Funeraria Vascongada é un club de remo do barrio de Trintxerpe, na localidade de Pasaia, Gipúscoa (Euskadi). Actualmente compite na Liga ARC.
Historia
[editar | editar a fonte]O Illunbe KE foi fundado en 1987 grazas á iniciativa dun grupo de afeccionados ao remo de Trintxerpe, e dende aquela competiu en distintas modalidades do remo en banco fixo por todo o Cantabrico, como as súas catro participacións na Bandeira da Concha (chegando en dúas á serie de honra), así como dúas participacións na Liga ACT, contribuíndo xunto con Koxtape e Sanpedrotarra a que Pasaia sexa a única localidade do Cantábrico que tivo tres representantes na máxima categoría do remo. Ao longo destes anos colleitou numerosos éxitos como os Campionatos de Gipúscoa e Euskadi de 1998 na modalidade de bateles, o Campionato de Euskadi do 2003 na categoría de traiñeiras, Bandeira de Pasaia de 1997 ou as citadas participacións na Bandeira da Concha O 2007, ano do seu 20 aniversario, chegou o momento máis crítico da entidade, xa que por distintas razóns, a traiñeira non puido competir. No 2008 un grupo de ex-remeiros e antigos cargos directivos decidiron retomar o camiño comezado 21 anos atrás, conseguindo volver a competir.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1 Campionato de traiñeiras de Esukadi: 2003
- 1 Campionato de Gipúscoa de bateles: 1998
- 1 Campionato de Euskadi de bateles: 1998
- 1 Bandeira de Biarritz: 1996