Illas Ons
- Para a páxina da illa principal do arquipélago véxase Illa de Ons.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Concello | Bueu | ||||
Capital | Bueu | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 80 (2010) (0,02 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 4.458 km² | ||||
Medición | 1,5 () × 6 () km | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
As Illas Ons son un arquipélago nas rías baixas formado pola illa de Ons e a illa de Onza ou Onceta e outros illotes, como o das Freitosas, o Centulo e a Laxe do Crego.[1][2] O arquipélago das Ons, ao igual que demais illas atlánticas galegas, son unha barreira natural das rías e as Ons pechan a boca da ría de Pontevedra.[1] A illa de Ons é alongada e cun relevo pouco marcado. A súa pendente descende cara ao leste, cara ao interior da ría. A súa costa exterior é acentuada e ten múltiples furnas, escollos e paredes verticais no fondo mariño. A costa interior está resgardada e presenta praias e areeiros nos fondos. A illa de Onza é arredondada e cunha costa rochosa.
Namentres que as demais illas do parque natural deixaron de estar habitadas na década de 1970, a illa de Ons segue habitada. Acadou o seu máximo de ocupación na década dos 1960, no marco do plan de repoboación do Instituto Nacional de Colonización,[3][4] cando esta tiña núcleos os poboación do Caño, o Curro, o Canexol, Pereiró, Cucorno, Chan da Pólvora e o Centulo, e que acollían a case 500 persoas. En 2018 na illa de Ons residían 65 persoas e tivo unha taxa de ocupación turísticas relevante. A súa poboación reside en vivendas rurais na costa do leste. As leiras destas aldeas mostran aínda hórreos e pequenas colleitas.[1]
Os primeiros xacementos arqueolóxico das illas están no Chan de Pólvora e no Cano de Ons onde hai gravados rupestres que poderían datar do neolítico á idade de bronce.[5] Na illa de Ons atópanse dous castros, pouco estudados, que son o Castelo dos Mouros e Cova da Loba.[6][7] Na praia de Canexol hai restos dunha salgadura romana para peixe.[8] As illas mencíonaas por primeira en vez por escrito Afonso III en 899 cando as chama illas "Aones" e as doou ao poder compostelá. No medievo puido ter asaltos viquingos e ter un mosteiro. As illas puideron quedar despoboadas desde o final do medievo ata o século XVIII polos asaltos como o de navíos ingleses. No século XIX fortificouse a illa de Ons e repoboouse, acadando un máximo a mediados do século XX. Desde o final da segunda guerra mundial as illas pasaron a ser administradas polo estado e a despoboarse, ata ser declaradas como espazos con interese de protección.[6][7]
O litoral das Ons, que conta con múltiples espazos protexidos da marusía, e a riqueza de nutrientes das augas que afloran nas rías favorecen a presenta dun ecosistemas mariño cunha alta riqueza biolóxica. Na súa costa interior, máis resgardada, os areeiros son hábitats que acollen a especies de interese, como bivalvos. Na súa superficie destacan as barreiras dunares, como a praia e duna de Melide, os cantís e as matogueiras e queiroas.[2] Así é, que as Ons desde o 2001 están protexidas por diferentes lexislacións. Forman parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galicia, están dentro do ZEC Complexo Ons – O Grove, constitúen o espazo de protección de aves ZEPA Illas de Ons e Onza, están dentro do OSPAR das Illas Atlánticas de Galicia e son un proxecto de protección de aves dentro do SEO/BirdLife.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O arquipélago das illas Ons está formado por dúas grandes illas e varios illotes:
- Illa de Ons, de 5,5 km de lonxitude e 800 metros de largura.
- Illa de Onza, de 32 hectáreas con forma rectangular.
- A Freitosa, o maior illote, moi preto da costa suroeste da illa.
- A Freitosa de Terra, illote xemelgo da Freitosa.
- O Centolo, no seu extremo norte, de destacada forma. Trátase da parte do arquipélago máis achegada á terra firme.
- O Cairo, situado fronte do antigo cemiterio da illa. É un farallón rochoso cunha característica forma de dente canino como indica o seu nome.
- A Laxe do Abade, preto do peirao. Ten valor histórico por posuír no seu cumio un sepulcro antropomorfo medieval labrado na piedra.
- A Pedra do Fedorento, ao sur do arquipélago.
- Illa do Xuvenco, ao norte do arquipélago.
- O Con dos Galos e outros de menor tamaño e importancia.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da illa de Ons.
-
Illas Ons.
-
Peirao de Ons
-
O Curro
-
Centro de visitantes da Illa de Ons.
-
Igrexa de San Xaquinciño da Illa.
-
Horreo en Canexol.
-
Hórreo en Canexol, coa capela de San Xaquín atrás súa.
-
Praia de Melide vista dende a punta do Castelo.
-
Illa de Onza vista desde o monte da Espaduada e Fedorentos.
-
Enseada de Fedorentos e Punta do Rabo da Egua.
-
Buraco do Inferno.
-
Enseada das Caniveliñas.
-
Faro de Ons.
-
Mapa das illas de Ons e Onza, 1810.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Ballesteros-Arias, Paula; Sánchez-Carretero, Cristina (12/9/2014). Ons: unha illa habitada. ISBN 978-84-616-8787-9.
- ↑ 2,0 2,1 Ana Vilas Paz (Medio marino), Beatriz Gamallo Liste (Vegetación), Jesús Framil Barreiro (Fauna), José Antonio Fernández Bouzas (Gestión), Katya Sanz Ochoa (UP y Visita al PN; El entorno del PN), Marta Lois Silva (Aproximación al PN, Medio Físico), Mónica Toubes Porto (Historia y etnografía), Vicente Piorno González (Gestión) (2014). Organismo Autónomo Parques Nacionales Catálogo de publicaciones de la Administración General del Estado, eds. Guía de visita Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia (PDF). ISBN 978-84-8014-867-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xaneiro de 2022. Consultado o 22 de outubro de 2018.
- ↑ "O Instituto Nacional de Colonización na Illa de Ons". Buxa. Asociación Galega do Patrimonio Industrial. 7 de outubro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2023. Consultado o 22 de xuño de 2023.
- ↑ Llano Cabado, Pedro de (1981). Ons, a arquitectura dunha comunidade desaparecida. Cadernos do Seminario de Sargadelos. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-105-8.Llano Cabado, Pedro de&rft.btitle=Ons, a arquitectura dunha comunidade desaparecida&rft.date=1981&rft.genre=book&rft.isbn=84-7492-105-8&rft.place=Sada&rft.pub=Ediciós do Castro&rft.series=Cadernos do Seminario de Sargadelos&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ Ballesteros-Arias, Paula; Seoane-Veiga, Yolanda (5/2012). Asociación Cultural-Gastronómica Pineirons, eds. "Gravados rupestres na Illa de Ons". Revista Aunios 60: 57–60.
- ↑ 6,0 6,1 Consellería de Medio Rural, Xunta de Galicia (eds.). "Historia de las islas Atlánticas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xaneiro de 2019. Consultado o 22 de outubro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 J.M.Reyero. Ministerio para la Transición Ecológica, eds. "Islas Atlánticas de Galicia: Historia".
- ↑ "Ballesteros-Arias, Paula (5/2008). ""O xacementos romano do Cantil de Canexol (Illa de Ons, Bueu). O esquecemento do recurso mariño". Aunios (13).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Illas Ons |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández de la Cigoña, Estanislao (1991). Illas de Galicia. Cíes, Ons, Sálvora, Tambo, San Simón e Cortegada. Vigo. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-582-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Parque nacional das Illas Atlánticas Arquivado 01 de setembro de 2020 en Wayback Machine.