Illas Kai
Tipo | arquipélago | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Molucas | |||
Localización | ||||
División administrativa | provincia das Molucas, Indonesia | |||
Localización | Banda Sea Islands moist deciduous forests (en) | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Banda | |||
Composto por | ||||
Características | ||||
Superficie | 1.438 km² | |||
As Illas Kai (tamén Illas Kei) de Indonesia están na parte sur-oriental das illas Molucas.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Os habitantes das illas chamanas Nuhu Evav (illas Evav) ou Tanat Evav (terra Evav), pero son coñecidas como Kei polas persoas das illas veciñas. "Kai" é en realidade unha ortografía neerlandesa da época colonial, que aínda persiste. As illas atópanse ao sur da Península de Doberai da illa de Nova Guinea, ao oeste das illas Aru, e ao nordés das illas Tanimbar. O pequeno grupo chamado illas Tayandu (tamén Tahayad) está xusto ao oeste.
As illas Kei compóñense de numerosas illas, incluídos os:
- Kai Besar ou Nuhu Yuut ou Nusteen (Gran Kei)
- Kai Kecil ou Nuhu Roia ou Nusyanat (Pequena Kei)
- Tanimbar Kei ou Tnebar Evav
- Kei Dulah ou Du
- Dulah Laut ou Du Roa
- Kuur
- Taam
- Illas Tayandu (Tahayad) grupo.
A superficie total das terras das Illas Kei é 1438 km².
Kei Besar é montañosa e densamente boscosa. Kei Kecil ten a maior poboación, e é plana. En realidade, é un arrecife de coral.
A capital é a cidade de Tual, na súa maioría habitada por musulmáns. Langgur é o centro dos cristiáns. Kei é famosa pola beleza das súas praias, por exemplo, Pasir Panjang.
As illas Kei son parte da Liña de Wallace, o grupo de illas indonesias que están separadas por augas profundas tanto da plataforma continental de Asia e Australia, e nunca estiveron vinculadas a ningún dos dous continentes. Como resultado, as illas Kei teñen poucos mamíferos nativos.