Saltar ao contido

Illas Andreanof

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIllas Andreanof
Tipogrupo de illas Editar o valor en Wikidata
Parte deAleutianas Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaAleutianas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRegião Censitária de Aleutians West, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 51°52′22″N 176°11′44″O / 51.8727778, -176.1955556
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.806 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións440 (lonxitude) km
Punto máis altoTanaga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.806 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie3.924,737 km² Editar o valor en Wikidata

As illas Andreanof constitúen un arquipélago no grupo das Illas Aleutianas, ao suroeste de Alasca (EUA).

Localización e características

[editar | editar a fonte]

Atópanse localizadas entre o Canle de Amchitka e o grupo das Illas Rat ao oeste, e o Canle de Amukta e o grupo das Islands of Four Mountains ao leste, a aproximadamente 52° N e de 172°57' a 179°09' O. A cadea de illa esténdese uns 440 km, e ocupanuna superficia total de 3.924,737 km². A poboación total era de 412 persoas no censo de 2000, a maioría das cales habitaba na cidade de Adak, en Adak.

As Delarof Islands, un subgrupo das Andreanof Islands, constitúen as illas máis occidentais do arquipélago.

As illas máis grandes do grupo son, de oeste a leste, Gareloi, Tanaga, Kanaga, Adak, Kagalaska, Great Sitkin, Atka, Amlia, e Seguam.

As illas están cubertas usualmente de néboa e carecen de árbores debido ao constante vento. As illas foron bautizadas en honra do navegador ruso Andreian Tolstyk, que foi o primeiro en explorar as illas en 1761.

Arquipélago Andreanof
Arquipélago Andreanof

Bases militares

[editar | editar a fonte]

Nas illas establecéronse numerosas bases militares dos Estados Unidos durante a segunda guerra mundial. As bases en Adak foron ampliadas e feitas permanentes logo da Guerra, pero foron pechadas en 1995.

As illas son especialmente propensas a sufrir terremotos, a miúdo cunha magnitude maior que 5 na escala Richter cada día.