Saltar ao contido

Illa de Beiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla de Beiro
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deComplexo Intermareal Umia-O Grove Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCambados, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°28′56″N 8°50′14″O / 42.4822, -8.8371
Bañado porría de Arousa Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie6 ha Editar o valor en Wikidata

A Illa de Beiro é un illote deshabitado galego da Ría de Arousa, a medio camiño entre a Illa da Toxa e a costa do municipio de Cambados. Ten 6 hectáreas de superficie e é totalmente chaira, e baixa, cunha praia na súa costa norte e roquedal cara ao sur e oeste. Cóbrea vexetación halófila e cando as mareas son baixas pode chegar a quintuplicar o seu tamaño. Atópase situada dentro da área protexida Complexo Intermareal Umia-Grove-A Lanzada.