Saltar ao contido

Illa Tikei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIlla Tikei
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 14°57′S 144°33′O / -14.95, -144.55
ColectividadePolinesia Francesa
División administrativa da Polinesia FrancesaIllas Tuamotu-Gambier
Comuna da Polinesia FrancesaComuna de Takaroa Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación0 Editar o valor en Wikidata (0 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie4 km² Editar o valor en Wikidata
Medición1,7 (ancho) × 3,9 (lonxitude) km
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Tikei é unha illa das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente depende da comuna de Takaroa. Forma parte do grupo de illas do Rei Xurxo. Está situada ao norte do arquipélago, a 67 km ao sueste de Takaroa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illa é un antigo atol coa antiga lagoa interior case seca e chea de vexetación. Está deshabitada, e sen infraestruturas. É visitada periodicamente polos habitantes dos atois veciños que veñen pescar ou a buscar cangrexos dos cocos.

Foi descuberta polo neerlandés Jacob Roggeveen, o 18 de maio de 1722, chamándoa Carlshoff. En 1816 foi redescuberta polo ruso Otto von Kotzebue, que a chamou Romanzoff, nome do patrocinador da expedición.