Illán, Begonte
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Illán | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Illán. | |
Concello | Begonte[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°10′03″N 7°40′48″O / 43.16754333, -7.67999666 |
Poboación | 110 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Illán é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o IGE en 2014 tiña 114 habitantes (56 homes e 58 mulleres), 19 menos ca en 2004 (67 mulleres e 66 homes) e 14 menos ca en 1999. Ten sete entidades de poboación.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Illán procede dunha antiga advocación da igrexa parroquial a Xián de Antince, (Ecclesia) Sancti Iuliani.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia de Illán está situado á beira oeste do río Ladra, nunha zona con relevo irregular de monte, regatos e lagoas naturais pertencente ó espazo natural das zonas húmidas da Terra Chá (Parga-Ladra-Támoga), cunha superficie de 5.000 hectáreas. Neste espazo hai especies comúns da fauna galega como pequenos roedores ou corzos, así como aves fluviais migratorias (garzas, parrulos, lavercas) nas lagoas de Riocaldo e no curso do río Ladra.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Na contorna destas zonas húmidas atópanse vestixios da cultura megalítica, como os dolmens ou medorras ao pé das masas rochosas do Peno Castelo e Peno Maior.
A igrexa parroquial,[3] renovada no seu interior, conserva un singular artesoado de madeira de máis de mediados do século XX realizado polos artesáns carpinteiros da aldea. A estrutura e exterior son típicas nestas construcións relixiosas de finais do século XIX. Consérvase unha mina de principios do século XX.
Economía
[editar | editar a fonte]A base económica está cambiando dunha economía agrícola e gandeira a outra de servizos, emigración e emprego por fóra, aínda que sen deixar os labores tradicionais do campo. Como en case todas partes estes cambios socioeconómicos melloran moitos aspectos como o emprego, pero infelizmente os servizos públicos se desenvolven mais amodiño.
Algunhas das novas industrias na zona provocan riscos medioambientais, como unha explotación de transformación de pedra, unha canteira de seixo a carón das Lagoas de Riocaldo e unha fábrica de biodiésel no polígono industrial de Begonte. Este polígono, que ocupa algúns terreos da parroquia, ten acceso directo á autovía A-6.
Festas
[editar | editar a fonte]As festas parroquiais celébranse o 25 de xullo, festividade de Santiago o Maior coincidindo co Día Nacional de Galicia. Outras celebracións do ano fanse no lume novo, natal, ou magosto.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Illán
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Illán no concello de Begonte (Lugo) | |
---|---|
A Aldea | Barreiro | O Canavello | Currillo | Fontela | Illán de Abaixo | Illán de Arriba | Lamas | Riocaldo | A Torre |
Parroquias de Begonte
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega. p. 52-53. ISBN 978-84-947823-2-9.Mart�nez Lema&rft.btitle=Toponimia de Begonte e Rábade&rft.date=2018&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-947823-2-9&rft.pages=52-53&rft.place=A Coruña&rft.pub=Real Academia Galega&rft_id=https://doi.org/10.32766/RAG.333&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ "Patrimonio relixioso". Concello de Begonte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez Lema, Paulo (2019). Toponimia de Begonte e Rábade (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-2-9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de abril de 2019. Consultado o 14 de abril de 2019.Mart�nez Lema&rft.btitle=Toponimia de Begonte e Rábade&rft.date=2019&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-947823-2-9&rft.pub=RAG - Asociación Galega de Onomástica&rft_id=https://academia.gal/documents/10157/704901/Toponimia+Begonte+e+R%C3%A1bade.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">