Igrexa vella de Tampere
Igrexa vella de Tampere | |
---|---|
A igrexa vella de Tampere. | |
Datos xerais | |
País | Finlandia |
Rexión | Pirkanmaa |
Tipo | Igrexa |
Localización | Keskustori, Tampere |
Coordenadas | 61°29′55″N 23°45′40″L / 61.4985783, 23.761018 |
Culto | |
Culto | Igrexa evanxélica luterana de Finlandia |
Diocese | Congregación sueca de Tampere |
Arquitectura | |
Construción | 1824 |
Estilo | Arquitectura neoclásica |
Páxina web | tampereenseurakunnat.fi |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa vella de Tampere (en finés Tampereen Vanha kirkko) é un templo evanxélico luterano da cidade de Tampere, Finlandia. Está situada no centro da cidade, na praza de Keskustori, á beira do Tammerkoski. Trátase do edificio máis antigo conservado no centro de Tampere, mentres que o campanario situado ao seu carón é o segundo máis antigo.[1]
A igrexa vella é a casa da congregación sueca de Tampere, así como o principal lugar de culto para a comunidade inmigrante da cidade, ofrecendo servizos relixiosos en inglés todos os domingos. A igrexa, de pequenas dimensións, ten capacidade para 310 persoas.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A igrexa vella foi deseñada por Charles Bassi en 1821, e a súa construción finalizou en 1824 e consagrada o 11 de abril de 1825.[3] Se ben a actual igrexa é de madeira, o proxecto estivo precedido por un ambicioso plano para a construción dunha igrexa de pedra.[4] Precisamente a construción do templo atrasouse debido ás disputas en relación á súa localización e os materiais que se debían empregar para a súa construción, así como a pobreza xeral da poboación.[5] En 1847 a igrexa foi ampliada baixo a dirección do arquitecto E.J. Wennerqvist.[4]
O retablo de Xetsemaní, obra de Robert Wilhelm Ekman, data de 1831, mentres que o púlpito de estilo imperio de 1831, foi deseñado Aleksander Engel.[4]
A igrexa foi renovada en varias ocasións, a última delas no ano 2000. A principal restauración que se levou a cabo tivo lugar entre 1953 e 1954, cando foi restaurada a case o seu aspecto orixinal segundo o plano de restauración de Nils Erik Wickberg.[4]
Campanario
[editar | editar a fonte]Ao carón da igrexa atópase o campanario obra Carl Ludvig Engel, construído en 1828 ao final da rea principal da cidade, Kauppakatu. O reloxo da torre data de 1835[4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dunha das primeiras igrexas de madeira neoclásicas con planta de cruz de Finlandia. O edificio é unha cruz de brazos desiguais, onde a sacristía se encontra no brazo oriental da cruz. Pode considerarse que no seu tipo, a igrexa é unha forma intermedia entre a cruz e a igrexa longa.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Niemelä, Jari (2008). Tamperelaisen Tiedon Portaat. Tampereen asiat aasta yyhyn (en finés). Tampere: Tampere-Seura. pp. 228–229. ISBN 978-952-5558-05-0.
- ↑ "The old church" (en inglés). tampereenseurakunnat.fi. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2021. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
- ↑ "The Old Church of Tampere" (en inglés). visittampere.fi. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Tampereen vanha kirkko" (en finés). Museovirasto. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 "Vanha kirkko" (en finés). tampereenseurakunnat.fi. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa vella de Tampere |