Saltar ao contido

Igrexa de San Froitoso de Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de San Froitoso de Santiago de Compostela
Fachada da igrexa
PaísEspaña
LocalizaciónSantiago de Compostela
Coordenadas42°52′50″N 8°32′48″O / 42.880638888889, -8.54675
EstiloChurrigueresco
editar datos en Wikidata ]

A igrexa das Angustias de Abaixo, igrexa da Real Angustia ou igrexa de San Froitoso[1][2], é un templo de estilo churrigueresco localizado en Santiago de Compostela, a rentes da praza do Obradoiro, que foi proxectado por Lucas Ferro Caaveiro no século XVIII.

Características

[editar | editar a fonte]

É de planta central e conta cunha gran cúpula. A fachada está concibida para ser contemplada desde a praza do Obradoiro, polo que a decoración se concentra na cornixa superior, onde están as imaxes das catro virtudes cardinais, é dicir, a Prudencia, a Xustiza, a Fortaleza e mais a Temperanza (que a tradición popular afirma que son os catro paus da baralla).[3]

Así mesmo, ten un campanario adornado con volutas e pináculos e unha fornela coa imaxe da Virxe das Angustias. No seu interior destaca a Piedade neoclásica de Antón Fernández o Vello que preside o altar maior.

A súa construción está relacionada co feito de que o bispo Xelmírez trouxo de Braga as reliquias de san Froitoso, que actualmente se poden venerar na capela das reliquias da catedral de Santiago.

  1. Historia da cidade de Santiago de Compostela, col. Biblioteca Divulgación Xacobea. Consorcio de Santiago, 2003.
  2. FERRO RUIBAL, Xesús. Dicionario dos nomes galegos, Ir Indo Edicións, 1992, Vigo. Tamén se recolle a forma Fructuoso como redirección cara a Froitoso.
  3. Deaño, Carlos (17 de xullo de 2007). "Interpretación profana para una iconografía puramente religiosa". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2018. Consultado o 13 de maio de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Castillo, Ángel del (1987) [1972]. Inventario monumental y artístico de Galicia. A Coruña: Fundación Barrié. p. 559. ISBN 84-85728-62-9.Castillo&rft.btitle=Inventario monumental y art�stico de Galicia&rft.date=1987&rft.genre=book&rft.isbn=84-85728-62-9&rft.pages=559&rft.place=A Coruña&rft.pub=Fundación Barrié&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988"> 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]