Saltar ao contido

Igrexa de Hejdeby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Hejdeby
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónHejdeby
Coordenadas57°37′50″N 18°26′34″L / 57.630453, 18.44267
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Hejdeby (sueco: Hejdeby kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Gothem, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura

[editar | editar a fonte]

A igrexa foi construída durante o século XIII. Primeiro levantáronse o coro e a nave nun estilo románico tardío, e por último construíuse a torre amosando influencias do gótico temperán.[1][2]

O interior da igrexa está ricamente decorado con frescos medievais. Estes datan de dous períodos distintos. Os máis antigos son do século XIII e representan a apóstolos, a coroación de María e a varios santos. O outro conxunto de frescos son do século XV e amosan escenas da Paixón de Cristo. A igrexa ten tamén unha cruz triunfal de principios do século XIII, unha pía bautismal medieval cunha tapa de madeira ricamente tallada, e un pouco común banco medieval. Outras pezas do seu mobiliario orixinal están a día de hoxe no Museo de Gotland en Visby.[1][2]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 174–175. ISBN 9129410355. 
  2. 2,0 2,1 Jonsson, Marita; Lindquist, Sven-Olof (1987). Gotlands fornsal, ed. Vägen till kulturen på Gotland. Visby. p. 101. ISBN 91-971048-1-7.