Igor Diakonoff
Igor Mikhailovich Diakonoff (en ruso: И́горь Миха́йлович Дья́конов), nado en Petrogrado o 12 de xaneiro de 1915 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1999, foi un lingüista e asiriólogo ruso.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun empregado de banca e dunha doutora. De 1922 a 1929 a súa familia viviu na cidade de Oslo onde se forma como bacharel en noruegués. A familia de Diakonoff consta cunha enorme notoriedade no campo académico, seu irmán Mikhail Dyakonoff, foi unha autoridade en estudos iraníes, a súa sobriña Elena Dyakonova é tradutora de xaponés antigo. A súa muller Nina Dyakonova historiadora e crítica do romanticismo inglés de comezos do século XIX, ou os seus fillos Mikhail Igorevich Dyakonov, laureado doutor en física e matemáticas pola URSS e Dmitry Igorevich Dyakonov, doutor en física e cabeza do programa de física teórica en altas enerxías.
Teoría
[editar | editar a fonte]Na facultade de Historia de Leningrado ingresa no grupo de asirioloxía do profesor A.P.Riftin. Traballa facendo inventario da colección de Nikolay Likhachyov de táboas en escritura cuneiforme, chegando a memorizalas e clasificándoas por tipos e xéneros. Doutórase en relacións da rexión de Asiria. No 1944 é alistado na guerra contra os alemáns, liderando un comando de liberación en Kirkenes grazas ao seu bilingüísmo. De volta ao réxime civil no 1946 comeza a traballar no libro O desenvolvemento das relacións territorias en Asiria [Развитие земельных отношений в Ассирии] (Leningrad 1949)
Nas décadas posteriores concéntrase nunha tarefa de longa duración, descifrar e editar os documentos das Fortalezas Partas de Nisa. Traballo comezado na década do 1940 xunto con V.A.Livshits e o seu irmán máis vello, M.M.Diakonoff. A tarefa lévalles máis de vinte anos (o primeiro paper foi publicado no ano 1951) e, en 1970, estréase a extensa edición do Corpus Inscriptionum Iranicarum, Pt. I-III, Vol. II. Parthian Economic Texts from Nisa con edicións de D.N. MacKenzie. L. e Lund Humphries ata o 1979. Tralo decifrado os editores adoptan e publican o consenso de que o texto está escrito en idioma parto con heterogramas arameos.
En paralelo, Diakonoff , publica Historia de Media desde os primeiros tempos até o século 4º A.C. [История Мидии от древнейших времен до конца IV в. до н. э.] (Moscova—Leningrad 1956). Traballo no que consultou e decifrou documentos do persa antigo.[1]
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- 1946. The Development of Land Relations in Assyria [Развитие земельных отношений в Ассирии] (Leningrad 1949)
- 1965. Semito-Hamitic Languages. Moscova: Nauka.
- 1984. A estratificación social da sociedade antiga. Ed. Naovka. Moscova.
- 1984. Traballo conxunto con V.P. Neroznak. Phrygian. Delmar, Nova York: Caravan Books.
- 1985. "On the original home of the speakers of Indo-European." Journal of Indo-European Studies 13, pp. 92–174.
- 1986. Traballo conxunto con Sergei A. Starostin. Hurro-Urartian as an Eastern Caucasian Language. Múnic: R. Kitzinger.
- 1988. Afrasian Languages. Moscova: Nauka.
- 1992. Traballo conxunto con Olga Stolbova e Alexander Militarev. Proto-Afrasian and Old Akkadian: A Study in Historical Phonetics. Princeton: Institute of Semitic Studies.
- 1995. Archaic Myths of the Orient and the Occident. Acta universitatis gothoburgensis.
- 1999. The Paths of History. Cambridge: Cambridge University Press.