Igaliku
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Dinamarca | |||
País autónomo | Groenlandia | |||
Concello | Kujalleq | |||
Poboación | ||||
Poboación | 27 (2016) (0,33 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 8.287 ha | |||
Creación | 1783 | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2017 (41ª Sesión) | |||
Identificador | 1536-002 | |||
Igaliku é un asentamento do concello de Kujalleq, no sur de Groenlandia. A vila naceu como Igaliko e fundouna en 1783 o comerciante e administrador colonial Anders Olsen e a súa esposa groenlandesa Tuperna. En 2020, Igaliku tiña 21 habitantes.[1] As ruínas nórdicas de Garðar e as granxas que rodean a vila foron inscritas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO en 2017 como parte do sitio Kujataa Groenlandia: agricultura nórdica e inuit na beira do casquete de xeo.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Igaliku atópase ao sueste de Narsarsuaq, nunha península que sobresae do continente de Groenlandia preto da costa oriental do fiorde de Tunulliarfik.[3] O acceso a Igaliku desde Narsarsauq é máis barato e doado aterrando no pequeno porto de Itilleq e atravesando despois o istmo uns 4 km.[4]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Igaliku é máis coñecido polas ruínas de Garðar, outrora o corazón relixioso da Groenlandia nórdica do século XII.[5] A zona estaba no corazón do asentamento oriental e foi amplamente escavada arqueoloxicamente desde a década de 1830. Existen varias sepulturas históricas na zona, aínda que a maioría aínda non foron identificadas. A zona próxima foi documentada polo fotógrafo artístico de Nova York, Steve Giovinco, como parte dunha subvención da Scandinavian-American Foundation.
Infraestruturas
[editar | editar a fonte]O asentamento ten unha tenda, unha igrexa que inclúe o edificio da congregación e unha escola, Atuarfik Igaliku (en groenlandés "a escola de Igaliku"). Só hai unha estrada para entrar na vila (chamada King's Road), que conecta Igaliku cun pequeno peirao no asentamento agrícola de Itilleq.
Demografía
[editar | editar a fonte]A poboación de Igaliku mantívose estable nas últimas dúas décadas.[6]
Climate
[editar | editar a fonte]Igaliku ten un clima de tundra (ET) con veráns frescos e invernos fríos.
Datos climáticos para Igaliku (1982-2012) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Media máxima en °C | −2,5 | −1,6 | −0,9 | 3,3 | 8,5 | 11,8 | 13,7 | 12,9 | 8,8 | 3,8 | 0,5 | −1,9 | 4,7 |
Media diaria en °C | −6,4 | −5,5 | −4,8 | −0,4 | 4,6 | 7,6 | 9,5 | 8,9 | 5,4 | 0,8 | −2,8 | −5,6 | 0,94 |
Media mínima en °C | −10,2 | −9,4 | −8,6 | −4,1 | 0,8 | 3,5 | 5,4 | 4,9 | 2 | −2,2 | −6,1 | −9,3 | −2,77 |
Precipitación media mm | 58 | 50 | 53 | 54 | 50 | 67 | 79 | 84 | 94 | 72 | 81 | 73 | 815 |
Fonte: Time and Date[7] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Population by Localities". Statistical Greenland. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ UNESCO World Heritage Centre. "Kujataa Greenland: Norse and Inuit Farming at the Edge of the Ice Cap". United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 30 de xullo de 2021.
- ↑ Ivittuut/Narsarsuaq/Qaqortoq, Saga Map, Tage Schjøtt, 1992.
- ↑ "Metal Traveller in Igaliku". Metaltraveller. Consultado o 9 de setembro de 2011.
- ↑ O'Carroll, Etain (2005). Greenland and the Arctic. Lonely Planet. pp. 108. ISBN 1-74059-095-3.
- ↑ 6,0 6,1 "Statistics Greenland". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2011. Consultado o 17 de abril de 2011.
- ↑ "IGALIKU CLIMATE". Consultado o 13 de abril de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igaliku |