Saltar ao contido

Iphigénie en Tauride (Gluck)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ifixenia en Táuride»)

Iphigénie en Tauride
Ifixenia en Táuride
Primeira edición.
FormaÓpera
Actos e escenas4 actos
Idioma orixinal do libretoFrancés
LibretistaNicolas-François Guillard
Fontes literariasBaseado en Ifigenia entre os tauros(Eurípides) e a traxedia de 1757 de Claude Guimond de la Touche
Estrea18 de maio de 1779
Teatro da estreaOpéra de Paris
Lugar da estreaParís
Duración2 horas[1]
Música
CompositorChristoph Gluck
Personaxes

Iphigénie en Tauride (en galego Ifixenia en Táuride) é unha ópera en catro actos con música de Christoph Gluck e libreto en francés de Nicolas-François Guillard. Esta foi a quinta ópera de Gluck para os escenarios franceses.

Con Iphigénie en Tauride, Gluck levou a súa reforma da ópera á súa conclusión lóxica. Os recitativos son máis breves e son récitatif accompagné ("acompañados" por cordas e quizais por outros instrumentos, non só o acompañamento de continuo), estruturas do tipo airoso que unían as escenas dramáticas. Os movementos de danza normais que se atopan na tragédie en musique francesa están case enteiramente ausentes. O drama baséase en último termo na obra Ifixenia entre os tauros do dramaturgo grego Eurípides que trata de historias referentes á familia de Agamenón con posterioridade á Guerra de Troia. Ifixenia era fixa de Agamenón e Clitemnestra e irmá de Orestes, Electra e Crisotemis.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 18 de maio de 1779
Director:
Ifixenia (sacerdotisa de Diana, filla de Agamenón) soprano / mezzosoprano Rosalie Levasseur
Orestes (irmán de Ifixenia) barítono / tenor[3] Henri Larrivée
Pílades (amigo de Orestes) tenor (haute-contre) Joseph Legros
Thoas, (rei dos tauros) baixo Jean-Pierre (?) Moreau
Diana (deusa da caza) soprano /mezzosoprano Châteauvieux
  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 101. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. Guía visual de la Ópera, Espasa.
  3. na versión alemá de 1781

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.