Saltar ao contido

Ida (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ida
Ficha técnica
Título orixinalIda
DirectorPaweł Pawlikowski
Produtor
  • Eric Abraham
  • Piotr Dzięcioł
  • Ewa Puszczyńska
Guión
Intérpretes
MúsicaKristian Eidnes Andersen
Fotografía
MontaxeJarosław Kamiński
Estudio
Distribuidora
  • Solopan (Polonia)
  • Memento Films (Francia)
  • Artificial Eye (Reino Unido)
EstreaToronto: 7 de setembro de 2013
Duración82 minutos[1]
OrixePolonia Polonia
Dinamarca Dinamarca
Francia
Reino Unido Reino Unido
XéneroDrama
Orzamento€2 000 000[2]
Recadación$11 100 000[3]
Na rede
https://www.musicboxfilms.com/film/ida/
IMDB: tt2718492 Filmaffinity: 313764 Allocine: 223850 Rottentomatoes: m/ida_2013 Mojo: ida Allmovie: v585957 TCM: 2055251 Metacritic: movie/ida TV.com: movies/ida-2014 Editar o valor en Wikidata

Ida é un filme polaco de 2013 dirixido por Paweł Pawlikowski e escrito por Pawlikowski e Rebecca Lenkiewicz. Ambientado na Polonia de 1962, conta a historia dunha moza que está a piques de tomar os seus votos como unha monxa católica. Orfa dende nena por mor da ocupación alemá na segunda guerra mundial, antes de converterse en monxa debe coñecer á súa tía, o seu único parente vivo. Ela cóntalle que os seus pais eran xudeus. As dúas mulleres embárcanse nunha viaxe polas estradas do campo polaco para descubrir cal foi o final dos seus pais.

Considerada unha "obra mestra compacta" e un "filme de estrada estrañamente fermoso", "contén un cosmos de culpa, violencia e dor", aínda que os eventos históricos que motivan os eventos (ocupación alemá de Polonia, o holocausto e o stalinismo) non son directamente mencionados: "nada disto se afirma, pero todo está construído, por así decilo, na atmosfera: o país séntese morto, a poboación escasa".[4]

Ida gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa no 2015, converténdose no primeiro filme polaco en conseguilo.[5]

Anna é unha noviza que viviu toda a vida nun convento e está a piques de asumir os votos. Antes diso, debe de coñecer a súa tía, a súa única parente viva, unha xuíza de vida bohemia e pasado antifascista. Ela dálle a coñecer a súa orixe xudía e o seu verdadeiro nome: Ida. Ambas irán na procura dos restos dos pais de Ida, asasinados durante a ocupación nazi na segunda guerra mundial.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. British Board of Film Classification, ed. (28 de xullo de 2014). "Ida (12A)". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2015. Consultado o 1 de febreiro de 2015. 
  2. Kilian, Anna (2013). "Piotr Dzięcioł - wywiad o filmie Ida [Opus Film]". audiowizualni.pl. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2015. Consultado o 22 de febreiro de 2015. 
  3. "Ida (2014) - International Box Office Results". Box Office Mojo. Consultado o 2 de setembro de 2014. 
  4. Scott, A. O. (1 de maio de 2014). The New York Times, ed. "An Innocent Awakened: 'Ida,' About an Excavation of Truth in Postwar Poland". 
  5. Barraclough, Leo (23 de febreiro de 2015). Variety, ed. "Polish Film Institute Chief Celebrates as ‘Ida’ Becomes First Polish Movie to Win Foreign-Language Film Oscar". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]