Saltar ao contido

Ian Paice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIan Paice

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Ian Anderson Paice Editar o valor en Wikidata
29 de xuño de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Nottingham, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbatería de rock, compositor de cancións Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1967 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoHard rock, rock progresivo e Blues rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBatería, Instrumento de percusión e violín Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0656671 MySpace: 144017603 BNE: XX1799336 Spotify: 2gNdXbhyIbXHWvurrlrUAq iTunes: 18929833 Musicbrainz: 29c11f6b-df9f-454f-964e-75eedadb4a1e Songkick: 2718681 Discogs: 261635 Allmusic: mn0000074359 WikiTree: Paice-143 Deezer: 1577504 Editar o valor en Wikidata

Ian Paice, nado en Nottingham o 29 de xuño de 1948, é un batería inglés, de bandas como Deep Purple, Whitesnake e The Maze.

Coñecido coma o Buddy Rich do rock, foi un dos mellores baterías dos anos 70. Conta cunha avanzada técnica, destacando por exemplo, o redobre a unha soa man. Son habituais nel ritmos atresillados tipo shuffle. Adoita usar lentes escuros. Entre as súas influencias están Mitch Mitchell, Tony Meehan e Gene Krupa.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Comezou a estudar o violín, pero decidiu dedicarse a tocar a batería logo de ver a Gene Krupa. Con 15 anos o seu pai, tamén músico, comproulle o seu primeiro kit de batería. Comezou a tocar na banda do seu proxenitor. Durante os anos 60 tocou en numerosos grupos coma Georgie & the Rave-Ons, The MI 5 (que se converteu en The Maze e gravou 3 sinxelos) ou Rondabout, xunto a John Lord e Ritchie Blackmore, cos que formou Deep Purple en 1968. Tamén formou parte de Withesnake entre 1979 e 1982.

Con Deep Purple banda gravou máis de 20 álbums, sendo o único membro que estivo sempre no grupo. Un dous seus maiores éxitos foi tocando a canción "The Mule" en directo, demostrando as súas habilidades facendo solos.