Saltar ao contido

Iago López Marra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIago López

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Iago López Marra Editar o valor en Wikidata
7 de abril de 1990 (34 anos)
Portosín
ResidenciaViana do Castelo
País de nacionalidadeEspaña España
Altura1,81 m
Peso73 kg
Actividade
Ocupaciónregatista Editar o valor en Wikidata
DeporteVela
Membro do equipo deportivo Real Club Náutico Portosín
Participou en
2016Vela nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - 49er (pt) Traducir (9º)
Vela nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - 49er (pt) Traducir (4º) Editar o valor en Wikidata

Olympic.org: iago-lopez-marra Editar o valor en Wikidata

Iago López Marra, nado en Portosín o 7 de abril de 1990, é un regatista galego, que compite en vela. Destaca especialmente na clase 49er, da que foi campión do mundo en 2020 e dúas veces campión de Europa en 2016 e 2018. Participou en dous Xogos Olímpicos (Río 2016 e Toquio 2020), ocupando no primeiro deles o 9º posto da clase 49er (xunto con Diego Botín).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a navegar aos 11 anos, no Real Club Náutico Portosín e competiu nas clases Optimist, 420 e 470.[1] En 2009 foi cuarto no Campionato Europeo Júnior de 470, navegando xunto ao regatista vilagarcián Hugo Fernández.[2] Ese mesmo ano ingresou no Centro de Alto Rendemento de Vela de Santander, onde compaxinou as regatas cos seus estudos de enxeñaría naval, e onde coñeceu a Diego Botín.[3]

Durante os seguintes anos competiu en regatas en Italia e disputou o campionato do mundo de Platu 25 co barco do Náutico de Portosín, xunto a José Manuel Pérez e Alfredo Mella, obtendo unha cuarta posición en 2013.[1][4][5] En 2014 recibiu unha chamada de Diego Botín, que lle ofreceu navegar con el na clase 49er, e tentar clasificarse para os Xogos Olímpicos de Río. O equipo comezou a conseguir bos resultados especialmente a partir de 2016, destacando en febreiro dese ano a súa vitoria na Copa do Mundo de Vela de Miami, e en abril a medalla de ouro no Campionato de Europa de 49er.[6][7] Finalmente, en maio, lograron a praza olímpica por diante dos irmáns vilgarciáns Carlos e Antón Paz.[8]

En agosto de 2016 disputou en Río de Xaneiro os seus primeiros Xogos Olímpicos, obtendo o noveno posto final.[9] Durante os seguintes catro anos aumentou considerablemente o seu palmarés. Así, gañou o seu segundo Campionato Europeo en 2018 en Gdynia e obtivo o bronce ao ano seguinte na cidade inglesa de Weymouth. En decembro de 2019 quedou ás portas do podio mundial en Auckland, Nova Zelandia, ao rematar na cuarta posición,[10] podio ao que conseguiu subir ao ano seguinte na cidade australiana de Geelong, obtendo o subcampionato mundial, só por detrás dos neozelandeses Peter Burling e Blair Tuke.[11]

En 2021 disputou en Toquio os seus segundos Xogos Olímpicos, formando parella con Botín. Aínda que chegaron á Medal Race en terceira posición, tiveron que conformarse co cuarto posto final, despois de acabar sétimos na regata decisiva. Finalizaron empatados a puntos (70) cos terceiros clasificados, os alemáns Erik Heil e Thomas Plößel.[12]

Palmarés internacional

[editar | editar a fonte]
49er
Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Clase
2020 Geelong (Australia Australia) Segunda posición, medallista/s de prata 49er
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Clase
2016 Barcelona (España España) Primeira posición, medallista/s de ouro 49er
2018 Gdynia (Polonia Polonia) Primeira posición, medallista/s de ouro 49er
2019 Weymouth (Reino Unido Reino Unido) Terceira posición, medallista/s de bronce 49er
Campionato Oceanía
Ano Lugar Medalla Clase
2018 Auckland (Nova Zelandia Nova Zelandia) Segunda posición, medallista/s de prata 49er
2019 Geelong (Australia Australia) Primeira posición, medallista/s de ouro 49er
World Cup
Ano Lugar Medalla Clase
2017 Hyeres ( Francia) Primeira posición, medallista/s de ouro 49er
2016 Miami (Estados Unidos de América Estados Unidos) Primeira posición, medallista/s de ouro 49er
2017 Miami (Estados Unidos de América Estados Unidos) Terceira posición, medallista/s de bronce 49er
Outras Regatas
Kieler Woche
Ano Lugar Medalla Clase
2019 Kiel (Alemaña Alemaña) Terceira posición, medallista/s de bronce 49er
Princesa Sofia
2016 Palma (España España) Terceira posición, medallista/s de bronce 49er
2017 Palma (España España) Segunda posición, medallista/s de prata 49er
2019 Palma (España España) Segunda posición, medallista/s de prata 49er
Delta Lloyd
Ano Lugar Medalla Clase
2016 Medemblijk (Países Baixos Países Baixos) Primeira posición, medallista/s de ouro 49er
  1. 1,0 1,1 Jamardo, José Manuel (9 de febreiro de 2014). "Un regatista entre la élite". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de xullo de 2021. 
  2. "Clase 470" (en castelán) (Arousa ed.). 19 de xullo de 2009. p. L14. 
  3. Parada, Antón (22 de decembro de 2019). "Iago López Marra: El sonense que conquistó el mar y el viento". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de xullo de 2021. 
  4. Jamardo, José Manuel (15 de xaneiro de 2015). "Un afortunado navegante". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de xullo de 2021. 
  5. "El barco sonense «Red Bull» fue cuarto tras un gran campeonato". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de setembro de 2013. Consultado o 28 de xullo de 2021. 
  6. "Diego Botín y Iago López se cuelgan en Oro en Miami Sailing World Cup" (en castelán). 1 de febreiro de 2016. Consultado o 29 de xullo de 2021. 
  7. "Diego Botín y Iago López, campeones de Europa de 49er". As (en castelán). 13 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2021. Consultado o 29 de xullo de 2021. 
  8. "Diego Botín y Iago López Marra ganan la regata de selección olímpica de 49er para Río 2016." (en castelán). 30 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2021. Consultado o 29 de xullo de 2021. 
  9. "Los Juegos Olímpicos de Río acaban para los regatistas españoles" (en castelán). 19 de agosto de 2016. Consultado o 29 de xullo de 2021. 
  10. "Botín y López Marra a las puertas del podio en 49er". ABC (en castelán). 7 de decembro de 2019. Consultado o 29 de xullo de 2021. 
  11. "Doble medalla para el equipo olímpico en Australia" (en castelán). 15 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de xullo de 2021. 
  12. "A Echegoyen-Barceló y Botín-López Marra se les escapa la medalla". Marca (en castelán). 3 de agosto de 2021. Consultado o 3 de agosto de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]