Istituto Nazionale di Statistica
Aparencia
(Redirección desde «ISTAT»)
O Istituto Nazionale di Statistica (ISTAT) (Instituto Nacional de Estatística), é o órgano estatístico do goberno italiano.
Foi instituído en 1926, durante o goberno de Mussolini, para recoller de forma organizada algúns datos esenciais da vida económica e demográfica do país.
As súas actividades comprenden o censo da poboación, o das actividades produtivas e os servizos e estudos estatísticos das familias (consumo, traballo, aspectos da vida cotiá, saúde, seguridade, uso do tempo, lecer, etc).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do ISTAT (en italiano).
- Páxina demográfica Arquivado 22 de xuño de 2017 en Wayback Machine. (en italiano).