Saltar ao contido

ISBD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ISBD (inglés: International Standard Bibliographic Description; "Descrición bibliográfica normalizada internacional") é un conxunto de regras elaborado pola Federación Internacional de Asociacións e Institucións Bibliotecarias (IFLA) para crear descricións bibliográficas de xeito estandarizado e lexible para as persoas, especialmente usadas para bibliografías ou catálogos. Unha versión preliminar do estándar foi publicada en 2007, e a edición consolidada en 2011 (actualizada en 2021).

Un dos seus propósitos orixinais era ofrecer unha forma estandarizada de descricións bibliográficas para o intercambio internacional de rexistros, co obxectivo de contribuír ao programa de Control Bibliográfico Universal da IFLA.IFLA2013x-1">[1]

Áreas de descrición

[editar | editar a fonte]

O ISBD define nove áreas de descrición. Cada unha delas, agás a área 7, está composta por múltiples elementos con clasificacións estruturadas. Os elementos ou áreas que non se aplican a un recurso en particular omítense da descrición. A puntuación estandarizada (vírgula, punto e coma, barra, guión, punto...) úsase para identificar e separar os elementos e mais as áreas. A orde dos elementos e a puntuación estandarizada axudan a interpretar os rexistros bibliográficos cando non se entende a linguaxe na que está elaborada a descrición.

As áreas do ISBD recóllense na seguinte táboa:IFLA2013-2">[2]

N.º ÁREA
0 Forma do contido e tipo de medio
1 Título e mencións de responsabilidade
2 Edición
3 Material ou tipo de recurso
4 Publicación, produción, distribución...
5 Descrición física (v.g., número de páxinas dun libro)
6 Serie
7 Notas
8 Identificador do recurso (por exemplo, ISBN ou ISSN) e condicións de dispoñibilidade

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]