IC 5146
IC 5146 | |
---|---|
Imaxe de afeccionado da "Nebulosa do Casulo" IC 5146. | |
Datos para a observación | |
Época= X2000,0 | |
Tipo de obxecto | Nebulosa de reflexión/emisión |
Ascensión recta | 21h 53m 30s[1] |
Declinación | 47° 21.2′[1] |
Distancia | ~4.000 al[2] |
Magnitude aparente | 7,2[3] |
Dimensións aparentes | 12′ x 12′[3] |
Constelación de | Cygnus |
Características físicas | |
Radio | 6,28 al[4] |
Magnitude absoluta | ? |
Outras designacións | Nebulosa do Casulo, Caldwell 19, Sh 2-125 |
IC 5146 (tamén coñecida coma Caldwell 19, Sh 2-125, e a Nebulosa do Casulo) é unha nebulosa de reflexión[5]/emisión e tamén é un obxecto de Caldwell da constelación de Cygnus. IC 5146 fai referencia específica ó cúmulo estelar mentres que Sh2-125 fai referencia á nebulosa.[6] A súa magnitude varía segundo a fonte, que sería entre 10,0[7] a 7,2.[3] As súas coordenadas celestiais son RA 21h 53.5m e DEC 47° 21.2′. Está preto da estrela visible a simple vista Pi Cygni, do cúmulo aberto NGC 7209 da constelación de Lacerta, e tamén está preto do brillante cúmulo aberto M39.[5][7] O cúmulo está aproximadamente a uns 4.000 anos luz de distancia, e a súa estrela central formouse hai tan só 100.000 anos;[2] a nebulosa ten uns 12 arcmins de diámetro, o cal son case 12,5 anos luz de diámetro.[4] Cando se observa IC 5146, a nebulosa escura Barnard 168 (B168) é unha parte inseparable da experiencia, esta nebulosa forma unha especie de tona aberta que rodea a toda a nebulosa e que se proxecta cara ao oeste, dándolle o toque final de envoltorio aberto ó casulo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 SIMBAD. "Object query : Sh 2-125 )". Consultado o 18-05-2012.
- ↑ 2,0 2,1 Astronomy Picture of the Day. "IC 5146: The Cocoon Nebula". Consultado o 18-05-2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 StarryWonders. "Cocoon Nebula (IC 5146)". Consultado o 18-05-2012.
- ↑ 4,0 4,1 4.000 al × sin( diámetro angular / 2 ) = 6,28 al. radio
- ↑ 5,0 5,1 Eicher, David J. (1988). AstroMedia (Kalmbach Publishing Company), ed. The Universe from Your Backyard: A Guide to Deep-Sky Objects from Astronomy Magazine. ISBN 0-521-36299-7.
- ↑ GalaxyMap. "Sh 2-125". Arquivado dende o orixinal o 07-06-2020. Consultado o 18-05-2012.
- ↑ 7,0 7,1 Pasachoff, Jay M. (2000). "Atlas of the Sky". En Peterson Field Guides. Stars and Planets. New York, NY. p. 578 pg. ISBN 0-395-93432-X.