Hyrrokkin (lúa)
Hyrrokkin ou Saturo XLIV (designación provisional S/2004 S 19) é unha pequena lúa de Saturno. O seu descubrimento foi anunciado por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 26 de xuño do 2006, a partir de observacións feitas entre o 12 de decembro do 2004 e o 30 de abril do 2006.
Hyrrokkin ten ó redor de 8 kms de diámetro e orbita Saturno a unha distancia media de 18,1683 millóns de km en 914,292 días, cunha inclinación orbital de 153,3° respecto da eclíptica (154,3° respecto do ecuador de Saturno), de movemento retrógrado e cunha excentricidade de 0,3604.
Recibiu o seu nome oficial, Hyrrokkin, en abril do 2007, Hyrrokkin era o xigante da mitoloxía nórdica que fretou o navío Hringhorni, o barco funerario da deidade nórdica Baldr. Orixinalmente o nome foi escrito coma Hyrokkin, pero máis tarde sería corrixido á forma actual.
Notas
[editar | editar a fonte]- Institute for Astronomy Saturn Satellite Data
- IAUC 8727: Satellites of Saturn 30 de xuño do 2006 (descubrimento)
- MPEC 2006-M44: S/2004 S 19 26 de xuño do 2006 (descubrimento e efemérides)
- IAUC 8826: Satellites of Jupiter and Saturn 5 de abril do 2007 (bautizando a lúa)
- IAUC 8860: Saturn XLIV (Hyrrokkin) 31 de xullo do 2007 (corrixindo o nome da lúa)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]